David Cortizo Conde, nado en Alba (Pontevedra) o 14 de xuño de 1978, é un editor, escritor e tradutor galego.

Traxectoria Estudou no IES A Xunqueira I de Pontevedra e na Universidade de Santiago de Compostela.

Traballou de comercial no Consorcio Editorial Galego e na Editorial Galaxia. Empezou de comercial en Urco Ed. e acabou dirixindo a editora. Foi tamén socio da editora Cuarto de Inverno con Andrea Jamardo.

Desde 2023 é o presidente de Galix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Obra

Infanto-xuvenil

miniatura|Presentación de Púrpura Tero na Libraría Paz de Pontevedra o 28 de novembro de 2024. O autor con Tamara Andrés.Púrpura Tero (2024). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 124 páxs. ISBN 978-84-1176-335-6.

Tradutor Contos do nicho, de varios autores (2013). Urco Editora Contos de ciencia ficción. Vol I, de Jack London (2013). Urco Editora Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1978 Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Editores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela