The Lemonheads é unha banda de rock alternativo estadounidense formada na cidade de Boston en 1986. O seu líder e único membro permanente é o guitarrista e vocalista Evan Dando. En 1997 a banda deixou de tocar e no ano 2005 Evan decidiu retomar o proxecto e editou The Lemonheads en 2006.

Historia Primeiros anos Evan Dando, Ben Deily e Jesse Peretz formaron The Lemonheads na súa adolescencia cando asistían á Commonwealth School en Boston. Orixinalmente a banda chamábase The Whelps, ata que a inspiración chegoulles dun tipo de larpeirada, que segundo Dando era "doce no interior e amargo no exterior". O grupo gravou e autoeditou un EP de 7" chamado Laughing All the Way to the Cleaners, e o seu primeiro concerto foi o día 18 de agosto de 1986.

Despois do instituto, Dando matriculouse na Skidmore College pero non puido manter as súas notas e deixou as clases para continuar coa súa carreira musical. A banda asinou co selo local Taang! Records e editou con el os álbums Hate Your Friends (1987), Creator (1988) e Lick (1989), con Deily e Dando compartindo as voces principais e as composicións. Inicialmente tamén compartían as tarefas de guitarra principal e batería, pero cando isto se volveu inviable, contrataron baterías como Doug Trachten, John Strohm e Mark Natola para completar a formación. Como os tres álbums foron compilados a partir de varias sesións de gravación dende 1986 en diante, as formacións de cada álbum variaron considerablemente dunha canción a outra. O grupo gozou dunha boa cantidade de tempo de emisión na radios universitarias e fíxose popular no tempo da aparición da escena indie rock, ata que Deily deixou a banda en 1989. Dando recrutou entón a David Ryan para a batería e asinou co grande selo Atlantic Records, editando o álbum Lovey en agosto de 1990. A cabalo entre o punk rock, o country e o heavy metal, Lovey apareceu un ano antes do éxito comercial do grunge, e non conseguiu entrar nas listas nin producir ningunha canción con difusión seria.

Chegada da fama Dando marchou a Australia para compoñer algúns temas cos seus amigos Nic Dalton e Tom Morgan. Esas canción foron a base para o álbum It's a Shame about Ray, que os lanzaría cara ao gran público. Mentres tanto, Jesse Peretz deixou a música e comezou unha carreira na fotografía e o cine; permanecería como fotógrafo da banda e, finalmente, dirixiría vídeos musicais, programas de televisión e longametraxes. Juliana Hatfield substituíu a Peretz no grupo, encargándose do baixo e os coros. Hatfield deixaría The Lemonheads pouco despois de gravar o álbum para fundar a súa propia banda, Juliana Hatfield Three, e sería substituída no baixo por Nic Dalton. Unha versión de "Mrs. Robinson" (gravada para promover o lanzamento do vídeo e o 25 aniversario de The Graduate) lanzouse como sinxelo e fixo que tivesen moita cobertura nos medios. Esta versión tamén se usou no filme Wayne's World 2 e no filme de Martin Scorsese de 2013 The Wolf of Wall Street. Cando o álbum foi reeditado, o tema foi incluído ao final do tracklist.Strong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5th ed.). Edinburgh: Mojo Books. pp. 563-564. ISBN 1-84195-017-3 A banda gozou dalgún éxito nas radios universitarias e de cara ao público xeral. A canción que dá título ao álbum, "It's a Shame About Ray", tamén tivo éxito comercial. Malia a popularidade do grunge, Dando confundiu aos fans e á súa propia nai ao baixar os amplificadores no álbum, segundo lle dixo ao escritor de Guitar World Jim Beaugez: "Buscabamos un son de radio AM. Soaba moi diferente; destacou naquel momento. A miña nai dixo: 'Que estades facendo? O voso tipo de música volveuse moi popular. Por que o estades cambiando?' Estaba preocupada". Durante os anos 1992 e 1993 a faciana de Dando apareceu en bastantes portadas de revistas, e foi incluído na lista das 50 persoas máis fermosas da revista People.

Agora composta por Dando, Dalton e Ryan, a banda renomeouse oficialmente de "Lemonheads" a "The Lemonheads" antes da publicación do seu seguinte traballo. En outubro de 1993 editaron o álbum Come on Feel the Lemonheads. Aínda que xa non tocaba o baixo, Hatfield si que apareceu como corista en moitas das cancións. O álbum tamén contou coa participación do guitarrista de steel Sneaky Pete Kleinow e dos cantantes Belinda Carlisle e Rick James. Foi un álbum exitoso con cancións como "Big Gay Heart" e "It's About Time". A banda gozou dun modesto éxito no público, esta vez co sinxelo "Into Your Arms" (o seu éxito máis alto nas listas do Reino Unido ata a data). A escritora Robyn St. Clare fixera a primeira gravación desta canción en 1990 como parte de Love Positions con Nic Dalton. miniatura|Evan Dando en 2005 Dando fixo amizade con Oasis e apareceu nos concertos da banda. A esas alturas os problemas de Dando coas drogas comezaban a facerse evidentes. Nunha entrevista perdeu a súa voz despois de fumar crack, e el admitiu ter un problema de adicción. A banda fixo unha pausa e Dando entrou en rehabilitación.

En 1996 Dando reformou The Lemonheads cunha formación completamente nova, contando con John Strohm (antes en Blake Babies e que xa tocara a bantería nos primeiros anos do grupo), Murph (ex-Dinosaur Jr.) e o baixista Bill Gibson (antes na banda australiana Eastern Dark). Esta formación editou o álbum Car Button Cloth, que amosaba o lado máis escuro de Dando.

A banda contribuíu a Schoolhouse Rock! Rocks, un álbum tributo de 1996 para o creador de Schoolhouse Rock!, Thomas G. Yohe, que contiña remakes de moitas cancións populares da serie; os Lemonheads ofreceron a súa versión de "My Hero Zero". Anteriormente, a banda xa contribuíra a un álbum tributo a Kiss, gravando a canción de 1977 "Plaster Caster" para Kiss My Ass: Classic Kiss Regrooved (1994).

The Lemonheads xirou con bastante éxito durante o ano 1997 e realizou o seu último concerto no británico Reading Festival antes de entrar en inactividade. Evan Dando continuou dando concertos en solitario.

Hiato Atlantic Records editou o recompilatorio The Best Of The Lemonheads en agosto de 1998. Entre os anos 1998 e 2004 Evan Dando fixo algunhas xiras en solitario tocando cancións da banda, pero nunca se confirmou unha reunión oficial. Durante este tempo, Dando editou un álbum ao vivo, Live at the Brattle Theatre, no 2001, e un álbum en solitario, Baby I'm Bored, no 2003. Tamén co-escribiu o tema "The Last High" con Courtney Taylor-Taylor de The Dandy Warhols paro o álbum Welcome To The Monkey House da banda de Courtney.

Regreso Despois de nove anos sen gravar, no verán do 2005 anunciaron que a banda se reformara para gravar, incorporando a Bill Stevenson e a Karl Alvarez, membros de The Descendents. Esta formación foi flutuando, e pola banda tamén pasaron nesa época George Berz (Dinosaur Jr.) á batería e Josh Lattanzi ao baixo.

O 14 de setembro do 2005, Dando, Stevenson e Lattanzi realizaron dous concertos no Shepherds Bush Empire de Londres como parte das series ATP Don't Look Back, onde tocaron o álbum It's a Shame About Ray enteiro.

En abril do 2006 a banda asinou un contrato coa discográfica Vagrant Records, coa cal editaron o álbum The Lemonheads o día 26 de setembro dese ano. O disco conta coa colaboración de Garth Hudson e J Mascis nalgúns dos temas. Para promovelo, Dando xirou polo Reino Unido, Europa e os Estados Unidos a finais de ano cunha banda formada por Vess Ruhtenberg (baixo) e Devon Ashley (batería) do grupo The Pieces. Nos Estados Unidos tiveron como abreconcertos a Vietnam and Hymns. O grupo tocou coa mesma formación durante os anos 2007 e 2008. Coa formación que gravou o disco, Alvarez e Stevenson, dando tocou nunha pequena xira estadounidense de 20 datas a finais do 2007.

O cofundador Ben Deily graduouse na Universidade Harvard mentres The Lemonheds se reformaba. No presente traballa como director creativo asociado na industria da publicidade. O seu grupo de power pop/punk, Varsity Drag, completou unha xira europea por 25 cidades entre xaneiro e febreiro de 2007 interpretando material propio e algunhas composicións de Deily dos primeiros catro traballos de The Lemonheads releases. Varsity Drag continuou tocando periodicamente, polo menos ata o ano 2018, na área de Boston.

En marzo de 2008 apareceu unha edición deluxe do seu álbum de 1992 It's a Shame About Ray, lanzada polo selo Rhino Records. Esta ten demos, caras-b e un DVD co material que aparecera previamente no VHS Two Weeks In Australia, que amosaba imaxes da súa xira por este país despois do lanzamento do álbum. Para promover a reedición, Dando, Ruhtenberg e Ashley interpretárono enteiramente en varios concertos entre marzo e maio do 2008. Posteriormente a banda marchou a Europa con Vess Ruhtenberg e P. David Hazel (batería).

O 23 de xuño do 2009 The Lemonheads editou Varshons, unha colección de once versións, con temas de Gram Parsons, Wire, GG Allin e Christina Aguilera. O álbum conta coa colaboración de Kate Moss, que canta en "Dirty Robot", e da actriz Liv Tyler, que fai un dueto no tema de Leonard Cohen "Hey That's No Way To Say Goodbye". Malia que varios sitios web informaran dunha data de lanzamento para o 13 de setembro de 2008, o álbum non se lanzou nesa data. Máis tarde, nunha entrada de blog na páxina de MySpace da banda, Dando insinuou un lanzamento en marzo de 2009. O 27 de marzo de 2009, anunciouse que Varshons se lanzaría o 23 de xuño a través de The End Records.

En setembro de 2010 os Lemonheads anunciaron unha xira de catro datas por Australia interpretando as trece cancións do álbum de 1992 It's a Shame about Ray, ademais dunha selección de cancións doutros álbums.

O 7 de febreiro de 2012 a banda lanzou Hotel Sessions a través do selo Hall of Records/Breath of Saltwater, unha gravación íntima que documenta unha noite de domingo que Evan Dando pasou gravando novas cancións só cunha guitarra acústica (e algúns comentarios reveladores) nunha habitación de hotel en Bondi Beach, Australia. As 14 cancións inclúen algunhas que nunca chegaron a un álbum oficial dos Lemonheads, pero Dando dio: "o 'Into Your Arms' que fixen aquí é mellor que o do álbum (gústame de todos os xeitos)".

Discografía Álbum Ano Selo Hate Your Friends 1987 Taang! Records Creator 1988 Taang! Records Lick 1989 Taang! Records Lovey 1990 Atlantic Records It's a Shame About Ray 1992 Atlantic Records Come on Feel the Lemonheads 1993 Atlantic Records Car Button Cloth 1996 Atlantic Records The Lemonheads 2006 Vagrant/Polydor Varshons 2009 The End Varshons 2 2019 Fire Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial da banda (en inglés)

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de Boston, Massachusetts Categoría:Grupos musicais formados en 1986 Categoría:Grupos musicais separados en 1997 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2005 Categoría:Artistas de Vagrant Records Categoría:Artistas de Atlantic Records