Damão (en hindi: दमन ; en gujarati: દમણ ; en case todas as linguas europeas Daman) é unha cidade da India, capital do territorio da Unión de Dadra e Nagar Haveli e Damão e Diu. Até 1961 foi a sede de distrito do antigo Estado portugués da India. Ten 72 km² e aproximadamente 191.173 habitantes (2011).
Historia miniatura| Damão, vista sobre o mar|300x300px Situado na costa do Golfo de Cambaia, foi un dos tres concellos que conformaban o distrito. Dadra e Nagar-Haveli (enclaves en territorio indio) eran os outros dous municipios de Damão. O antigo concello de Damão estaba formado polas parroquias de Damão Grande (Moti Daman), Damão Pequeno (Nani Daman) e Sé.
O primeiro contacto dos portugueses con Damão tivo lugar en 1523, cando chegaron alí os barcos de Diogo de Melo. En 1534, o vicerrei D. Nuno da Cunha enviou a António Silveira a arrasar os baluartes mouriscos de Damão, sabedor de que alí estaban situados os estaleiros e outras instalacións necesarias para equipar as frotas islámicas que viñan combater as armadas portuguesas. O capitán-maior Martim Afonso de Sousa tamén sería enviado a Daman para bombardear e destruír as fortificacións islámicas. Pero foi só en 1559 cando a cidade de Daman foi tomada definitivamente, polo vicerrei D. Constantino de Bragança.Singh, Kumar Suresh (1995). Daman and Diu. People of India. Vol. XIX. Popular Prakashan. p. 3. ISBN 9788171547616.
Anil Shorey (21 February 1999). "The Forgotten Battles of Daman and Diu". The Tribune. Retrieved 18 December 2010.
Chakravorty, Dr. B.C. (2008). "Operation Vijay" Archived 31 March 2014 at the Wayback Machine. Bharat Rakshak.
A zona de Pequeno Damão, na marxe dereita do río Damanganga, foi ocupada en 1614. Os éxitos e fracasos das guerras locais, nas que destacan as loitas contra os sidis (mercenarios abisinios) e os marathas, provocaron a perda de territorios en Vasai, no antigo reino de Cambaia (Sultanato de Gujarat). En mans dos portugueses, desde as loitas entre o rei de Cambaia e os mogois, Vasai pasou a poder dos marathas en 1739.Singh, Kumar Suresh (1995). Daman and Diu. People of India. Vol. XIX. Popular Prakashan. p. 3. ISBN 9788171547616.
Anil Shorey (21 February 1999). "The Forgotten Battles of Daman and Diu". The Tribune. Retrieved 18 December 2010.
Chakravorty, Dr. B.C. (2008). "Operation Vijay" Archived 31 March 2014 at the Wayback Machine. Bharat Rakshak.
E, ao ano seguinte, tocaralle a Chaúl caer en mans dos mesmos Marathas. Porén, moitos pobos e aldeas serán perdidos polos portugueses, até que, pola axuda militar que prestaron a Madeva Pradan, titular do trono, contra o príncipe Ragobá que, aliado cos ingleses, pretendía derrocar aos peshwá e ocupar o seu lugar. Portugal recibiría, polo Tratado de 1780, como restitución, 72 aldeas correspondentes a territorios unha vez perdidos. E con estas aldeas formáronse os enclaves de Dadrá e Nagar-Aveli.Singh, Kumar Suresh (1995). Daman and Diu. People of India. Vol. XIX. Popular Prakashan. p. 3. ISBN 9788171547616.
Anil Shorey (21 February 1999). "The Forgotten Battles of Daman and Diu". The Tribune. Retrieved 18 December 2010.
Chakravorty, Dr. B.C. (2008). "Operation Vijay" Archived 31 March 2014 at the Wayback Machine. Bharat Rakshak.
O 18 de decembro de 1961, o distrito portugués de Damão foi invadido e ocupado polas tropas da Unión India e incorporado ao territorio de Daman e Diu. Desde 2020 é a capital do territorio de Dadrá e Nagar Aveli e Daman e Diu.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Goa, Damão e Diu
Categoría:Cidades da India