Santiago de Rabeda é unha parroquia situada ó sueste do concello de Taboadela. Os núcleos de poboación máis importantes son: Pereiras-Venda do Río, Abeledo, Pazos, Silvoso e Silvosiño. Segundo o IGE, en 2023 tiña 311 habitantes (162 homes e 149 mulleres).
Xeografía Pola parte norte da parroquia discorre o río Barbaña; ao sur está o monte Gandarela, xa en Augas Santas.
Patrimonio Na igrexa parroquial, do século XVIII, hai unha valiosa talla do apóstolo Santiago. No ano 2003 creouse a asociación de veciños A Rabeda, con sede na antiga escola unitaria.
Lugares e parroquias Lugares de Santiago da Rabeda
Parroquias de Taboadela
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Taboadela
Categoría:Parroquias de Taboadela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior