Xohán Xabier Baldomir Cabanas, nado en Tarrío (Culleredo) o 12 de xullo de 1983, é un filólogo, docente e escritor galego.

Traxectoria Doutorouse en filoloxía galega en 2010 na Universidade da Coruña coa tese A Literatura Galega dos Séculos Escuros e do Prerrexurdimento, dirixida por Luciano Rodríguez Gómez. O seu traballo centrouse sobre todo no ensaio e na investigación, traballando sobre diversos temas como a teoría teatral, os Séculos Escuros ou O Xestal, entre outros.

En novembro de 2013 creou o Xornal Galdeporte, unha publicación periódica e dixital sobre actualidade deportiva que pretendía achegar unha pequena contribución á normalización da lingua galega. Porén, o diario desapareceu de forma temperá en xaneiro de 2014.

Entre os anos 2014 e 2015 exerceu unha breve pero intensa carreira política. Formou parte do partido Piratas de Galicia e chegou a exercer como relacións públicas e Community manager da dita formación, da cal dimitiu tras rexeitar o cargo de coordinador confederal debido a discrepancias cun sector do partido. Tamén foi un dos membros fundadores de ACUDE Culleredo e dentro da súa dinámica chegou a ser cabeza de lista dunha frustrada candidatura ás municipais de 2015 polo Partido da Terra.

Antes diso, militara e fora elixido membro da 1.ª Coordinadora da Marea Veciñal de Culleredo, se ben dimitiu ás poucas semanas. Igualmente, foi membro militante da CIG.

Obra Monografías

Breve dicionario galego de termos teatrais, 2010, Noia, Editorial Toxosoutos (167 páxinas), ISBN: 978-8492792481. Historia da literatura dos Séculos Escuros e do Prerrexurdimento: a escrita literaria galega entre finais do século XV e a década de 1840, 2012, Saarbrücker, Editorial Académica Española (676 páxinas), ISBN: 9783848452996. O Xestal: contador de contos. Unha aproximación a 83 relatos da súa discografía, 2013, Saarbrücker, Editorial Académica Española (224 páxinas), ISBN: 978-3659065101 Os contos das risas serias: un percorrido por 83 relatos d'O Xestal, 2023, A Coruña, Deputación da Coruña (promove Concello de Carballo) (228 páxinas), ISBN: 978-8498124057

Poesía

Breve poemario de Don Anónimo, 2013, Málaga, Editorial Seleer (98 páxinas), ISBN: 978-8494159152

Notas

Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Wikimedistas