Payer Tolay Mati Nai (en ) é un filme de Bangladesh de 2021 dirixido por Mohammad Rabby Mridha (no seu debut como director) cun guión de Mohammad Rabby Mridha e Nahar Mridha a partir dunha historia de Fazla Rabby. Está protagonizado por Mostafa Monwar, e describe a vida de Saiful, un condutor de ambulancia empobrecido en Dacca. O filme estreouse na 26ª edición do Festival Internacional de Cinema de Busan na sección 'fóra de competición' o 7 de outubro de 2021, e competiu polo premio ao mellor filme no Festival Internacional de Cinema da India en novembro de 2021.

Foi escollido como candidato de Bangladesh para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Mostafa Monwar como Saiful Priyam Archi como Mina, a primeira esposa Deepanwita Martin como a segunda esposa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bangladesh propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua bengalí Categoría:Filmes de Bangladesh