Revolución sen sangue (en ) é un filme portugués de 2024 dirixido por Rui Pedro Sousa. O filme, que é o debut como director de Sousa, estreouse o 11 de abril de 2024 en Portugal, facéndoo cadrar co 50º aniversario da Revolución dos Caraveis, a cal se mostra no filme. Malia que esta revolución se considera en gran parte "sen sangue", o filme céntrase en catroO número oficial de vítimas é 5. persoas que foron asasinadas durante estes eventos. É por iso que o título, que se mostra como Revolução sem sangue nos créditos iniciais aparece estilizado Revolução sem sangue nos créditos finais (que tamén apareceu como Revolução (sem) sangue nalgúns medios de comunicación). O filme baséase en feitos reais que tiveron lugar entre o 24 e o 26 de abril de 1974 en Lisboa.
Estreouse en galego o 25 de abril de 2024 a través da TVG, cadrando co día que se produciu a Revolución dos Caraveis. Tamén estivo dispoñible só por ese día na plataforma dixital AGalega.
Sinopse João Arruda é un estudante dos Azores na Universidade de Lisboa e está interesado no marxismo e a filosofía política. Fernando Giesteira traballa de camareiro coa esperanza de estudar despois. Fernando Reis é un soldado que chega a Lisboa por uns días. O camiño dos tres mozos, esperando máis liberdade no país, lévaos diante da sede da Polícia Internacional e de Defensa do Estado (PIDE), en Lisboa, o día 25 de abril de 1974. Alí, António Lage traballa como funcionario, pero os seus escrúpulos vólvense insoportables ao presenciar a tortura dunha moza (Inês) e decide abandonar o seu posto. Mentres a radio informa de que na cidade se está a producir unha concentración crecente da poboación apoiada polo exército, o director da PIDE decide queimar documentos comprometedores e deixar que Inês sexa liberada pola mañá. Pero pola noite volve entre a multitude, acompañada da súa filla pequena, para sumarse ás manifestacións e berrar a súa rabia ante a sede da PIDE. Dende as fiestras do edificio, a PIDE comeza a disparar contra a multitude. Inês é alcanzada por unha bala pero Fernando Reis consegue arrastrala inconsciente fóra do campo de tiros. João Arruda e Fernando Giesteira son fusilados, mentres que Fernando Reis recibe un disparo accidental por outro soldado mentres intentaba atrapar a Lage, que se rendera pero tamén recibe un disparo mentres está fuxindo. Morren os catro homes; o destino de Inês non está claro.
Personaxes Lucas Dutra como Fernando Giesteira Rafael Paes como João Arruda Diogo Fernandes como Fernando Reis Manuel Nabais como António Lage Teresa Vieira como Inês Helena Caldeira como Rita, moza de Fernando Giesteira
Produción A rodaxe do filme produciuse en Lisboa. Produciuse coa axuda de familiares das vítimas.
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Filmes rodados en Lisboa Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados en 1974 Categoría:Filmes de 2024 con versión en galego