TacSat 2, nomeado tamén como JWS-D1 (Joint Warfighting Space-Demonstrator 1) foi un satélite de comunicacións da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 16 de decembro de 2006 a bordo dun foguete Minotaur 1 desde as Instalacións de lanzamento de Wallops Island.

Características TacSat 2 foi un demostrador tecnolóxico con 370 kg de masa cun bus en forma de octógono irregular estabilizado nos tres eixos e unha precisión no apuntado de 0,15°. Os paneis solares proporcionaban ata 500 W de potencia, alimentando unha batería cunha capacidade de 30 Ah. O satélite levaba os seguintes experimentos a bordo:

ESI (Earth Surface Imager), unha cámara de varrido cunha apertura de 50 cm para obter imaxes de alta resolución, por debaixo dun metro. TIE (Target Indicator Experiment), un experimento con 11 antenas para detectar obxectivos baseándose en firmas de radiofrecuencia. CDL (Common Data Link), un sistema de comunicacións experimental. ROPE (Roadrunner On-orbit Processing Experiment), un conxunto de FPGA para procesar imaxes en formatos militares estándar. HET (Hall Effect Thruster), un motor iónico experimental cun impulso específico de 1600 s cun rango de impulsos entre 4 e 17 mN. IGOR (Integrated GPS On-orbit Receiver), un receptor GPS co que facer experimentos de reflexión e transmisión na ionosfera. ADS (Atmospheric Density Specifications), dous experimentos para caracterizar o vento neutro na atmosfera superior, composto por: ACME (Anemometer Cross-track Measurement Experiment), para medir a compoñente cruzada do vento na atmosfera superior (este experimento finalmente non voou para aforrar peso). ADMS (Absolute Density Mass Spectrometer), un experimento para medir a masa atómica das especies principais á altura do satélite. MVIS (Miniaturized Vibration Isolation System), un sistema de amortecemento para obter mellores imaxes desde órbita. ESA (Experimental Solar Array), un panel de película fotovoltaica flexible deseñada para demostrar dúas tecnoloxías en células solares con dous mecanismos de despregue distintos. AE (Autonomy Experiment), formado por dous subsistemas: OOCE (On-Orbit Checkout Experiment), un sistema autónomo para a comprobación inicial do satélite no primeiro día tras o lanzamento. ATE (Autonomous Tasking Experiment), un sistema que permite a usuarios inexpertos enviar peticións á nave desde o campo de batalla, como por exemplo enviar imaxes da zona, e recibir a información directamente. Inertial Stellar Compass (ISC), unha carga da NASA para determinar a actitude do satélite de maneira continua.

TacSat 2 reentrou na atmosfera o 5 de febreiro de 2011.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Minotaur 1 TacSat 3

Categoría:Satélites artificiais