Benjamín José Santamaría Martín, nado na Coruña o 17 de setembro de 1996, é un economista, profesor de economía e xornalista coñecido pola súa defensa do libre mercado no contexto da doutrina social da Igrexa. Publicou numerosos artigos e impartiu conferencias sobre economía no marco do pensamento católico e historia do pensamento económico. É redactor de economía no xornal dixital Okdiario.
Traxectoria
Pasou a súa infancia e mocidade en Ordes. Viaxaba con regularidade á Coruña a visitar ao seu avó, tamén chamado Benjamín Santamaría, quen lle inculcou o interese pola política, a historia e a filosofía. Con todo, a súa decisión de estudar economía xurdiu tras coñecer persoalmente a Miguel Anxo Bastos, quen foi un dos seus referentes intelectuais.
Benjamín iniciou os seus estudos en Enxeñaría Informática en 2014 na Universidade da Coruña, cambiándose en 2018 ao Grao de Economía na Universidade Nacional de Educación a Distancia, onde se graduou en 2022. En 2023 comezou un máster de Formación do Profesorado especializado en Economía, que rematou en febreiro de 2024. Durante o seu tempo na UNED, Benjamín desempeñou varios roles dentro da representación de estudantes, organizando cursos e conferencias cun enfoque empresarial.
Benjamín é colaborador habitual do Instituto Juan de Mariana, onde escribe sobre a historia do pensamento económico e foi membro do think tank Juan de Lugo. Tamén participou en organizacións de ideoloxía liberal-conservadora como o Club de los Viernes e o Centro Diego de Covarrubias.
Iniciou a súa carreira en medios como Navarra Confidencial e Religión en Libertad. En 2022 uniuse a Libre Mercado, un portal de Libertad Digital, e en 2023 a Okdiario. Apareceu en medios televisivos como Toro TV e Periodista Digital.
Participación política Nas eleccións xerais de 2015 en España Benjamín presentouse como candidato ao Congreso dos Deputados nas listas de VOX pola provincia da Coruña. Tempo despois, declararía nunha entrevista que non estaba de acordo co rumbo que estaba tomando o partido tras unha reunión de Santiago Abascal co equipo de Le Pen en Francia. A súa carreira política continuou como presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Ordes. Ademais, tivo varios cargos orgánicos a nivel provincial e rexional. Nas eleccións municipais de 2019 foi nas listas do Partido Popular no Concello de Ordes. Na actualidade atópase desvinculado da política activa.
Vida persoal Benjamín declarouse católico practicante.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Nados en 1996 Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña