A Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China, en chinés é unha rexión chinesa formada por unha península e varias illas, entre elas a illa de Hong Kong, no Mar da China Meridional, no delta do Río das Perlas, xunto á provincia de Guangdong. Ata 1997 foi colonia do Reino Unido.

O nome da illa de Hong Kong (chinés: 香港), significa literalmente "porto fragrante" ou "porto do recendo". A transcrición "Hong Kong" está baseada no topónimo orixinal cantonés, Hēunggóng mentres en pinyin é Xiānggǎng.

Hong Kong é unha das dúas "rexións administrativas especiais" da China. A outra é a antiga colonia portuguesa de Macau. Nestas dúas rexións administrativas especiais aplícase o modelo administrativo coñecido como un país, dous sistemas (一國兩制, yì guó liang zhì). Este sistema, cuxo ideólogo foi Deng Xiaoping, que pretendía que se aplicase a unha eventual reunificación con Taiwán, consiste no mantemento dun sistema económico capitalista baixo a soberanía dun país de ideoloxía oficial comunista. Ademais do sistema económico, estas dúas rexións manteñen un sistema administrativo e xudicial independente, e ata o seu propio sistema de aduanas e fronteiras externas.

Historia 250px División administrativa de HK 1 Distrito das Illas 2 Distrito de Kwai Tsing 3 Distrito norte 4 Distrito de Sai Kung 5 Distrito de Sha Tin 6 Distrito de Tai Po 7 Distrito de Tsuen Wan 8 Distrito de Tuen Mun 9 Distrito de Yuen Long 10 Distrito de Kowloon 11 Distrito de Kwun Tong 12 Distrito de Sham Shui Po 13 Distrito de Wong Tai Sin 14 Distrito de Yau Tsim Mong 15 Distrito central e oeste 16 Distrito leste 17 Distrito sur 18 Distrito Wan Chai

Aínda que estivo ocupado desde a era neolítica, durante a maior parte da súa historia o territorio do actual Hong Kong permaneceu á marxe dos principais acontecementos ocorridos na China imperial. Non se convertería nun centro de atención mundial ata o século XIX.

Ocupada polo Reino Unido ao final da Primeira Guerra do Opio en 1841, a illa de Hong Kong foi cedida formalmente pola China o ano seguinte polo tratado de Nanjing. Parte da adxacente península de Kowloon (ao sur da actual Boundary Street) e a illa de Stonecutters foron cedidas á Gran Bretaña en 1860 pola Convención de Pequín trala Segunda Guerra do Opio. A superficie da colonia aumentou de xeito significativo coa incorporación á mesma dos novos Territorios (incluídos New Kowloon e a illa de Lantau), arrendados á Gran Bretaña por 99 anos desde o 1 de xullo de 1898 ata o 30 de xuño de 1997.

Segundo o acordo asinado pola República Popular da China e o Reino Unido o 19 de decembro de 1984, a Declaración Conxunta británico-chinesa, o territorio completo de Hong Kong baixo goberno colonial británico converteuse na Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China o 1 de xullo de 1997.

Na Declaración Conxunta, China prometeu que baixo a política "un país, dous sistemas" proposta por Deng Xiaoping, o sistema económico socialista na China non se aplicaría en Hong Kong, que mantería o seu sistema e estilo de vida capitalistas durante 50 anos (ata 2047). A Lei Básica de Hong Kong acordada na Declaración Conxunta deixa a Hong Kong un alto grao de autonomía en tódalas materias, a excepción das relacións exteriores e a defensa.

O último gobernador británico de Hong Kong, Chris Patten, levou a cabo unha certa democratización das institucións de Hong Kong nos últimos anos de soberanía británica. Isto provocou bastante tensión entre o goberno da República Popular da China e o Reino Unido. Trala retrocesión a China, o empresario navieiro Tung Chee-hwa converteuse no xefe executivo da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong.

No 2003, a preocupación por un proxecto de lei anti-subversión que, segundo moitos habitantes de Hong Kong, erosionaría a liberdade de prensa, de relixión e de asociación consagradas no artigo 23 da Lei Básica, levou á rúa a medio millón de persoas nunha manifestación celebrada o 1 de xullo, a protesta máis grande dirixida contra o goberno na historia de Hong Kong. A impopularidade do goberno de Hong Kong e a crise económica foron tamén factores de descontento entre a poboación.

O 10 de marzo de 2005, Tung Chee-hwa presentou a súa dimisión como xefe executivo. Tung abandonou o posto dous días despois, o 12 de marzo de 2005. Foi substituído por Donald Tsang, o secretario xefe de administración de Hong Kong, que ocupou o cargo de xeito interino ata o 25 de maio, momento en que foi brevemente substituído por outro xefe interino durante a breve campaña electoral. Trala votación restrinxida a 800 electores, Donald Tsang foi confirmado como xefe executivo, cunha ampla maioría de votos ao seu favor. O seu mandato durará ata o verán de 2007.

Goberno e política

Durante a época colonial británica, o máximo dirixente político era o Gobernador de Hong Kong, nomeado polo Goberno británico. miniatura|upright|Vista do distrito central de Hong Kong, desde o Cume Vitoria Desde a retrocesión a China, ese papel pasou ao Xefe Executivo, posto que na actualidade ocupa Donald Tsang, elixido en xuño de 2005 para un mandato de só dous anos. A elección do xefe executivo produciuse mediante unha votación de sufraxio restrinxido a 800 representantes de sectores económicos e sociais. Esta elección dun novo Xefe Executivo foi motivada pola dimisión, en marzo de 2005, de Tung Chee-hwa, que ocupara o cargo desde a fundación da Rexión Administrativa Especial. A Tung correspondíanlle aínda dous anos máis de mandato, polo que as autoridades chinesas, nunha interpretación controvertida da Lei Básica, decidiron que o mandato do próximo Xefe Executivo estaría limitado aos dous anos que lle quedaban a Tung Chee-hwa. Esta decisión de Pequín, moi criticada en Hong Kong, foi interpretada por moitos críticos do réxime comunista chinés como unha mostra da falta de confianza do Goberno chinés cara a Donald Tsang, funcionario de formación británica que no pasado expresou simpatías cara aos sectores que defenden un sistema plenamente democrático para Hong Kong.

O parlamento de Hong Kong é o Consello Lexislativo, que consta de 60 membros. Destes 60, a metade son elixidos por sufraxio universal en circunscricións xeográficas, mentres que os outros 30 son elixidos por grupos de representantes de diferentes sectores económicos e sociais. A Lei Básica de Hong Kong contempla a posibilidade de que as eleccións para o Consello Lexislativo cheguen a basearse no sufraxio universal. Con todo, o Goberno chinés reiterou a súa oposición a calquera avance nese sentido, o cal provocou protestas en Hong Kong. As últimas eleccións ao Consello Lexislativo celebráronse no ano 2004. Nestas, os partidos defensores dunha maior democracia conseguiron a maioría dos 30 escanos asignados por sufraxio universal, mentres que os outros 30 foron na súa maioría para políticos considerados afíns ás autoridades chinesas. Relaciós exteriores upright|esquerda|miniatura|Vista parcial do Consulado dos Estados Unidos en Hong Kong. Máis de cen países que manteñen relacións coa China posúen representación diplomática no territorio, se ben Hong Kong non ten competencias en política exterior, xa que estas recaen sobre o goberno de Pequín. Para iso, o Ministerio de Asuntos Exteriores da República Popular da China ten un comisionado en Hong Kong que se encarga dos asuntos cos países estranxeiros que lle concernen. Ademais, o territorio é membro dalgunhas organizacións internacionais como o Comité Olímpico Internacional, o Fondo Monetario Internacional, o Foro de Cooperación Económica Asia-Pacífico ou a Organización Mundial do Comercio, pero ha de subscribirse de forma que apareza no rexistro como «Hong Kong, China», conforme ao Artigo 152 da lei básica.

A súa maior apertura económica con relación ao resto da China e a súa eficiente infraestrutura de transporte fan de Hong Kong un lugar moi atractivo para a chegada de capital do exterior e que moitos países sírvanse del para a reexportación dos seus produtos. Da mesma forma, a rexión ten unha política migratoria moito máis flexible, o que lle serviu para ser un dos principais receptores de turistas de todo o mundo.

Divisións administrativas A Rexión Administrativa Especial de Hong Kong divídese en 18 distritos.

miniatura|450px|left|División Administrativa Especial de Hong Kong 1 Distrito das Illas 2 Distrito de Kwai Tsing 3 Distrito Norte 4 Distrito de Sai Kung 5 Distrito de Sha Tin 6 Distrito de Tai Po 7 Distrito de Tsuen Wan 8 Distrito de Tuen Mun 9 Distrito de Yuen Long 10 Distrito de Kowloon 11 Distrito de Kwun Tong 12 Distrito de Sham Shui Po 13 Distrito de Wong Tai Sin 14 Distrito de Yau Tsim Mong 15 Distrito Central e Oeste 16 Distrito Leste 17 Distrito Sur 18 Distrito Wan Chai

Xeografía e clima

miniatura|dereita|250px|Mapa de Hong Kong.

A Rexión Administrativa Especial de Hong Kong está situada no lado nordeste do delta do Río das Perlas, e ten unha extensión de 1102 km², repartida entre unha parte continental e máis de duascentas illas e illotes. O 75% desta superficie está formado por reservas naturais, mentres que os seus sete millóns de habitantes residen no 25% restante.

O territorio de Hong Kong pódese dividir en tres partes ben diferenciadas:

A illa de Hong Kong (adquirida polo Reino Unido en 1842) A parte continental de Kowloon ao sur de Boundary Street (adquirida polo Reino Unido en 1860, xunto coa antiga illa de Stonecutters, hoxe unida ao continente). Os Novos Territorios, incluída a illa de Lantau (arrendados por un período de 99 anos en 1899).

Durante a maior parte do século XX, os Novos Territorios, moi montañosos, permaneceron moi pouco habitados, en parte debido á incerteza que se albiscaba sobre o seu status futuro. Unha vez que se soubo que o Reino Unido ía devolver a China todo o territorio de Hong Kong, e non só a parte arrendada á que estaba obrigado, comezou a crecer a poboación nos Novos Territorios. Actualmente un pouco máis do 50% da poboación total de Hong Kong reside nos Novos Territorios.

Aínda que está situado xusto ao sur do Trópico de Cáncer, Hong Kong ten un clima subtropical húmido. Os veráns son cálidos e húmidos con chuvias e tormentas ocasionais, e cun aire cálido que vén do suroeste. O verán é a estación onde son máis probabéis os tifóns, ás veces con resultado de inundacións e corrementos de terras. Os invernos son suaves e comezan con frecuencia soleados, facéndose nebulosos cara febreiro; frontes fríos ocasionais traen ventos do norte fortes e fríos. As estacións máis temperadas son a primavera, que pode ser cambiante, e o outono, que adoita ser soleado e seco. Hong Kong promedia 1.948 horas de sol anuais, mentres que os rexistros históricos de temperatura máxima e mínima no Observatorio de Hong Kong son 36,3 e 0 °C, respectivamente.

Economía

miniatura|dereita|300px|Hong Kong é unha das grandes cidades comerciais de Asia.

Hong Kong é un dos grandes centros financeiros de Asia, e a súa economía é moi dependente do comercio internacional e moi en especial do comercio entre a China e o resto do mundo.

Hong Kong está considerado un dos lugares con maior liberdade económica do mundo. Isto quere dicir que existe unha gran facilidade para establecer empresas no territorio e para mover diñeiro de Hong Kong ao exterior. Estas facilidades económicas, unidas á existencia dun sistema legal de orixe británica moi escrupuloso no respecto da propiedade privada, contrastan coas dificultades burocráticas e a inseguridade xurídica á que se enfrontan as empresas internacionais na China continental, e é a razón principal pola que Hong Kong segue sendo o principal centro financeiro da China. Ademais, as restricións ás comunicacións directas entre Taiwán e a República Popular da China fan de Hong Kong o principal punto de contacto entre os dous réximes chineses enfrontados desde 1949.