Xosé María Pazos, coñecido como Pulpis, nado en Santiago de Compostela o 28 de marzo de 1974 , é un adestrador de fútbol sala. Actualmente ocupa a posición de seleccionador nacional de Tailandia.

Traxectoria Pulpis comezou a súa carreira deportiva como futbolista, na canteira da S.D. Compostela. Alí pasou por todas as categorías, desde alevíns a xuvenís. Foi naquela altura cando mudou de campo de xogo e pasou a competir en fútbol sala.

Como xogador deste deporte iniciou a súa carreira no Autos Lobelle, sen moverse da súa cidade. Neste club xogou catro tempadas como porteiro, pero con 21 anos apartou as luvas e dedicouse ao adestramento. Primeiro nas categorías inferiores do Lobelle, logo no primeiro equipo e despois no Melilla, no Azkar de Lugo (que ascendeu a División de honra, no Mobles Caloto, no Valencia Vijusa, no MKN Orkan (co que foi campión da copa de Croacia), e volveu ao Barcel Euro (antes Caloto).

Dende a tempada 2005-06 conduce de novo o Autos Lobelle, onde rematou o contrato en 2007.

O nome de Pulpis foi anunciado como posíbel adestrador da selección nacional galega de fútbol sala, en trámite de creaciónSanti Domínguez anuncia a creación da selección de fútbol sala, Vieiros, 16/3/2007, pero finalmente os adestradores foron Bruno García Formoso e Javier Pardeiro Casavella. Dende xaneiro de 2008 é o seleccionador nacional de TailandiaPulpis vai dirixir a selección de Tailandia, Vieiros, 30/1/08

Notas

Categoría:Adestradores de fútbol sala Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes