Juan Calfucurá ou Callvucurá (do mapuche: Kallfükura, 'pedra azul'; de kallfü, 'azul', e kura, 'pedra') nado en Llaima, ou entre Pitrufquén e o lago Colico, Araucanía, c. século XIX e finado en Salinas Grandes de Macachín ou lagoa de Chilli-hué, na Pampa da Arxentina o 3 de xuño de 1873, foi un cacique ou lonco mapucheDo lado occidental da cordilleira dos Andes. do século XIX, pero cuxa actividade militar e política se desenvolveu principalmente na actual Arxentina e nas áreas controladas polos pobos indíxenas da rexión pampeana e da Patagonia oriental.
Traxectoria Orixe familiar e primeiros anos Segundo a tradición, Calfucurá naceu ao oeste dos Andes en Llaima, no Ngulu Mapu;Omar Lobos (2008). Los mapuches. Buenos Aires: Ediciones del Sol, pp. 53 porén, outra versión sitúa o seu nacemento entre Pitrufquén e o lago Colico, tamén no actual territorio chileno. Posiblemente entre 1760Revista del Centro de Estudios Genealógicos de Buenos Aires. Ano 1. Parte 1. Centro de Estudios Genealógicos de Buenos Aires, 1979, pp. 23 e 1780.Álvaro Yunque (1970) . Historia de los argentinos: Calfucurá, la conquista de las pampas. Tomo IV. Buenos Aires: Ediciones Ánfora. pp. 173 E mesmo nunha data tan serodia como 1790.Meinrado Hux (2004). Caciques Huilliches y Salineros. Buenos Aires: El Elefante Blanco, pp. 83 Sería polo tanto, un moluche (nguluche, "occidental") dende o punto de vista dos mapuches asentados ao leste dos Andes, posiblemente huilliche ou pehuenche con algo de sangue huilliche,Jorge Óscar Sulé (2007). Rosas y sus relaciones con los indios. Buenos Aires: Corregidor, pp. 169 xa que ao chegar ás pampas ía acompañado precisamente de xinetes deses grupos étnicos.Sulé, 2007: 181 Segundo autores como Rodolfo Casamiquela, Calfucurá era de estirpe pehuenche.
Era fillo do cacique Huentecurá (pedra de arriba), nado contra 1730, un dos xefes que axudou a José de San Martín no seu cruzamento dos Andes. Tiña por irmáns a Antonio Namuncurá (pé de pedra), pai do cacique Manuel Lefiñancú,Meinrado Hux (2004). Caciques Huilliches y Salineros. Buenos Aires: El Elefante Blanco, pp. 289 e ao poderoso toqui Santiago Reuquecurá ou Renquecurá (pedra que fai dúas -lava de volcán-),Almanaque del Ministerio de Agricultura, 1929, pp. 489. que viviu entre 1800 e 1887,Meinrado Hux (1991). Caciques huilliches y salineros. Buenos Aires: Marymar Ediciones, pp. 169 líder de numerosas tribos pehuenches, e que podía poñer en pé de guerra máis de 2500 homes.Bechis, 2008: 48
Cacique xeral da Pampa
Contra o ano 1830 Calfucurá cruzou os Andes e radicouse na gran chaira pampeana, chamado polos mapuches borogas que, tendo incumprido os acordos que tiñan coa Provincia de Buenos Aires, recibían constantes reclamos e ameazas por parte do gobernador Juan Manuel de Rosas.
Estes caciques, especialmente Rondeao e Melín, e se cadra outros como Cañiuquir ou Cañuillán, pediron a protección de Calfucurá. Mais cando este cruzou os Andes, aqueles xa acordaran a paz con Rosas e impidiron que Calfucurá pasase a malonear sobre a provincia, o que provocou a ira de Calfucurá ao verse traizoado. Isto agravouse aínda máis cando se decatou de que executaran en Tandil ao xefe Toriano, moi estimado por Calfucurá, que dirixiu a vinganza contra Rondeao e Melín e, o 9 de setembro de 1834, levou a cabo a matanza de Masallé sobre os borogas, matando a ámbolos dous xefes nos seus propios toldos situados na zona homónima.
Outra versión di que Juan Manuel de Rosas enviou a Calfucurá, a través do cacique Coñuepán, para eliminar os borogas da Pampa que rompían os tratados. Despois de matar os xefes borogas, comunicoulles aos demais xefes da rexión que por vontade do deus Guenechén se converteu en Xefe Supremo do goberno das Salinas Grandes (ou xefe xeral da Pampa). Este masacre, que conseguiu con aleivosía, escureceu a memoria de Calfucurá, mais decapitando o liderado dos borogas foille doado facerse co mando.
O suceso demostra que, entre os pobos que vivían na Pampa e Patagonia, non había unidade senón un estado de paz armada entre as tribos, que se rompía ao máis mínimo sinal de desconfianza, provocando constantes guerras entre as distintas tribos. A vinganza realizada por Calfucurá contra os borogas permitiulle a Rosas ampliar a fenda entre os indíxenas das distintas tribos, sinalando a Calfucurá como o grande inimigo dos borogas e inimigo do goberno, animando a este pobo a unirse contra Calfucurá. Os borogas reaccionaron, axudados polas tropas brancas da Fortaleza Protectora Arxentina e os seus auxiliares indíxenas dirixidos por Venancio Coñoepán, obrigando a Calfucurá a fuxir polo camiño de Chalileo.
A partir de 1835, Calfucurá formou unha confederación con base en Chillué ou Chilihué ("Novo Chile" segundo Estanislao Zeballos,Nota: Llegó la caravana chilena á un país llamado Chilihué (Nueva Chile), porque forma una angosta y prolongada faja de terreno fértilísimo, cauce de una corriente cuaternaria, á veces tan ancha como el mismo rio Paraná (...) Recuerdos argentinos: Callvucurá y la dinastía de los Piedra. Pág. 11. Escrito por Estanislao Severo Zeballos. Publicado por J. Peuser, 1890 tradución posta en dúbida por Magrassi)Lenton, Isabel. 1998. Los araucanos en la Argentina: un caso de interdiscursividad nacionalista . III Congreso Chileno de Antropología. Temuco. nas Salinas Grandes. En 1837 derrotou e matou con mil lanzas o cacique mapuche boroga Railef, procedente da Araucanía, xunto a 500 dos seus guerreiros, no lugar chamado Quentuco, sobre o río Colorado, despois de que este lle fixese un malón con 2000 indíxenas sobre Buenos Aires, Córdoba e Santa Fe e regresaba á Araucanía con 100 000 cabezas de gando.Liborio Justo (1969). A sangre y lanza. Buenos Aires: Ediciones Anaconda, pp. 319
Calfucurá dominaba un extenso territorio que abranguía a maior parte da provincia de Buenos Aires, San Luis e o sur de Mendoza e as actuais Neuquén, Río Negro e A Pampa,Fernando Córdova (2005). "Leyendas, mitos, cuentos y otros relatos mapuches". Buenos Aires: Longseller. ISBN 978-9-87550-102-7. recibindo o alcume de Emperador das Pampas.Álvaro Barros (1975). Fronteras y territorios federales de las pampas del sur. Buenos Aires: Librería Hachette, pp. 21.Raquel Atena Green (2010). Borges y revista multicolor de los sábados. Buenos Aires: Peter Lang, pp. 16. ISBN 978-0-82043-467-4. No seu ensaio Un Emperador, Pablo Rojas Paz fai un paralelo entre a figura de Calfucurá e a de Xenxis Khan. Polo seu control das Salinas Grandes do sur, tiña no seu poder tanto un punto estratéxico das "rastrilladas" -que eran as rutas comerciais mapuches na pampa- como o dominio do sal, substancia fundamental naquel momento para a conservación da carne.
A boa relación de Rosas con Calfucurá só se produciu despois de 1841, cando o xefe se convenceu da imposibilidade de impoñerse ao goberno de Buenos Aires. Ata ese momento, Calfucurá fora o máis acérrimo inimigo de Rosas, así como os xefes ranqueles Yanquetruz e Painé e outros xefes de orixe pehuenche e huilliche.
Rosas concedeu entón a Calfucurá o grao de coronel do exército da Provincia de Buenos Aires e aliouse con el, como xa fixera con moitos borogas, tehuelches do norte e do sur e huilliches, asinando un pacto polo que debía recibir anualmente 1500 eguas, 500 vacas, bebidas, roupas, herba, azucre e tabaco. Estes bens foron redistribuídos polo xefe entre os seus aliados, especialmente entre os seus compañeiros chegados do oeste da serra, que cubrían as costas ante un posible ataque dos rivais.
Despois de facer a paz con Buenos Aires, ademais, durante a década de 1840, Calfucurá acadou o dominio da rexión pampeana, aliándose cos ranqueles de Painé e cos "manzaneros" de Valentín Sayhueque, que fixeron paz con Casimiro Biguá, xefe principal dos tehuelches, que tamén deu a Calfucurá o dominio da Patagonia norte.Bengoa, 2000: 99 Ademais, estableceu unha alianza cos goteches (arribanos) da Araucanía do xefe QuilapánBengoa, 2000: 85 e a través deles cos pehuenches de Purrán, que controlaba os portos de montaña.Bengoa, 2000: 94 Estas alianzas permitíronlle enfrontarse durante moitos anos e con considerable éxito aos exércitos chilenos e arxentinos e aos seus rivais indíxenas, nagches de Colipí e Coñoepán na Araucanía, Catriel (que soubo aliarse con Calfucurá durante moito tempo, como na batalla de Sierra Chica) e Ignacio Coliqueo na pampa.Bengoa, 2000: 88
Caída de Juan Manuel de Rosas Calfucurá enviou guerreiros a formarse nas filas de Rosas na batalla de Caseros, o 3 de febreiro de 1852, que culminou coa caída de Rosas e o ascenso do triunfante gobernador de Entre Ríos Justo José de Urquiza. Ao día seguinte atacou Bahía Blanca con 5000 guerreiros,Adalberto A. Clifton Goldney (1956). El cacique Namuncurá: último soberano de la Pampa. Buenos Aires: Librería Huemul, pp. 249. e robou 65 000 cabezas de gando.Nelio Hugo Lucarini (1987). El araucano: el extraño romance del cacique araucano. Buenos Aires: Editorial Argenta Sarlep, pp. 9 A partir da caída de Rosas, fixo a guerra ao goberno estabelecido na Arxentina, aínda que con longos períodos de paz entre os seus ataques.
Dende o derrocamento de Rosas perdeuse irremediablemente a pacificación acadada ata agora con case todas as tribos de distintas orixes, e especialmente con Calfucurá. Así, a pacificación das fronteiras e os negocios pacíficos dos indíxenas quedaron completa e definitivamente destruídos. Aquel mítico gobernante da pampa, que chegara a paz cos "huincas", volveu entón á guerra dos malóns.
Para congraciarse con Urquiza, Calfucurá enviu, en 1854, a Paraná - a capital da Confederación Arxentina- ao seu fillo Manuel Namuncurá, quen se convirteu ao catolicismo. Na procura dunha alianza con Urquiza, arrasou con 5000 guerreiros a cidade de Azul, o 13 de febreiro de 1855, causando a morte de 300 persoas, levando 150 cativas e 60 000 cabezas de gando. Foi perseguido por Bartolomé Mitre, sobre o cal Calfucurá obtivo a vitoria na batalla de Sierra Chica (preto de Olavarría), recibindo dende entón o alcume de Napoleón do deserto. En setembro de 1855 derrotou e matou o comandante Nicanor Otamendi xunto a 125 dos seus soldados na estancia de San Antonio de Iraola e despois saqueou a vila de Puntas de Arroyo Tapalqué. Mitre organizou entón o Exército de Operacións do Sur, con 3000 soldados e 12 pezas de artillaría ao mando do xeneral Manuel Hornos.Marley, David (2008). Wars of the Americas: A Chronology of Armed Conflict in the Western Hemisphere, 1492 to the Present. Tomo I. Santa Bárbara: ABC-CLIO, pp. 781. ISBN 978-1-59884-101-5.
O 29 de outubro de 1855, Calfucurá derrotou a Hornos en San Jacinto, entre as montañas de San Jacinto e o regueiro Tapalqué, morrendo 18 oficiais e 250 soldados no bando do goberno. Tras esta vitoria, as forzas de Calfucurá atacaron as localidades de Cabo Corrientes, Azul, Tandil, Cruz de Guerra, Junín, Melincué, Olavarría, Alvear, Bragado e Bahía Blanca. Estes malóns provocaron un gran temor en toda a fronteira e a necesidade de buscar unha solución ao problema indio.Batalla de San Carlos, el comienzo del fin