Shikitei Sanba (), pseudónimo de Kikuchi Hisanori (), nado en 1776 e finado o 27 de febreiro de 1822, foi un escritor e cómico xaponés do período Edo.

Traxectoria Shikitei Sanba naceu en Asakusa, Edo (actual Tokyo), en 1776. Procedía dunha longa liñaxe de sacerdotes xintoístas do templo Hachijō-jima. O seu pai, Kikuchi Mohe, foi un famoso escultor en madeira. Aos nove anos, o escritor comezou a traballar nunha libraría, na que continuaría até os dezasete. Publicou os seus primeiros traballos en 1794, os libros ilustrados (kibyōshi 黄表紙) Tendō ukiyo suiseisō () e Ningen isshin shitaisō ().

Co cambio de século, publicaría diferentes obras ilustradas por Utagawa Toyokuni (1769-1825).

Obra Shikitei Sanba cultivou especialmente o xénero humorístico kokkeibon (, lit. "libro cómico") e o kibyōshi. Entre as súas obras, destacan Ukiyoburo (, lit. "O baño do mundo flotante", 1809-1819) e Ukiyodoko (, lit. "A cama do mundo flotante", 1813).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Finados en 1822 Categoría:Nados en 1776 Categoría:Escritores do Xapón Categoría:Escritores en lingua xaponesa