Marc Guiu Paz, nado en Granollers o 4 de xaneiro de 2006, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Nado en Granollers, comezou a xogar ao fútbol na Penya Barcelonista Sant Celoni, unha peña do FC Barcelona. Na tempada 2013/14 ingresou na canteira do propio Barcelona e tras ir subindo polas diferentes categorías inferiores, foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo en xuño de 2023, antes dos partidos de pretemporada contra o Celta de Vigo e o Vissel Kobe. Realizou o seu debut non oficial co Barcelona neste último partido, substituíndo tralo descanso a Robert Lewandowski.
O 22 de outubro debutou na Primeira División, saltando á herba do Camp Nou nos minutos finais dun partido ante o Athletic Club, e só 23 segundos despois marcou o gol da vitoria co seu segundo toque ao balón. Con 17 anos e 291 días, converteuse no debutante máis novo e máis rápido en marcar co Barcelona en liga.
Tres días despois debutou tamén na Liga de Campións, na vitoria por 2-1 contra o Shakhtar Donetsk. Marcou o seu primeiro gol na competición europea e o segundo da tempada o 13 de decembro, nunha derrota por 3-2 ante o Royal Antwerp.
Selección nacional Foi internacional coas seleccións sub-17 e sub-19 de España.
Notas
Categoría:Nados en Granollers Categoría:Nados en 2006 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona