Odontopera bidentata é unha especie de avelaíña de Europa e Asia da familia Geometridae. Foi descrita por Carl Alexander Clerck en 1759.
Distribución É unha especie común no norte e centro de Europa, incluíndo as Illas Británicas e Rusia ata os Urais. Tamén se estende por Siberia e a rexión do río Amur-Ussuri ata as illas Kuriles e o Xapón.
Descrición
A súa envergadura é de 46–50 mm. A cor de fondo das ás anteriores adoita ser marrón agrisada. A parte central da mesma cor está abeirada por barras anegradas que a miúdo son parcialmente brancas. No bordo das ás baixo o ápice hai dous dentes característicos que fan protrusión. O nome científico da especie deriva disto, do latín bidentatus, 'con dous dentes'. A liña que cruza escura externa das ás anteriores continúa nas ás posteriores. Todas as ás teñen manchas con forma de anel escuro. O tórax é peludo. É unha especie moi variable e a súa cor de ás varía de abrancazado a beixe e marrón e a negro, ás veces con variegación, mais é sempre doadamente identificable pola mancha clara en cada á e as características beiras das ás con entrantes irregulares. As eirugas do último estadio ou ínstar teñen unha coloración amarronada. Porén, pode haber outras variacións de cor. Son características dúas pequenas xibas no penúltimo segmento así como dúas protrusións escuras parecidas a cápsulas na cabeza.
Nesta especie fixéronse estudos sobre o melanismo industrial.
A época voadora dos adultos varía segundo a rexión; por exemplo, nas illas Británicas é de maio a xuño e son atraídas pola luz.
A eiruga é verde ou marrón e con forma semellante a un pau, e aliméntase de diversas plantas (ver lista máis abaixo). A especie pasa o inverno en forma de pupa.
Bioloxía Os seus hábitats inclúen bosques caducos e mistos, bosques pantanosos e parques.
Plantas que son alimento das larvas
Alnus – ameneiro Arctium Artemisia Betula – bidueiro Cirsium – Cirsium arvense Crataegus – estripeiro Fraxinus – freixo Hedera – enredadeira Larix – lárice Ligustrum – ligustro Malus – maceira Picea – abeto vermello Pinus – piñeiro rubio Populus – chopos Prunus – cerdeira Quercus – carballo Rhododendron Ribes Salix – salgueiro Sorbus – capudre Tilia – tileiro Trifolium – trevo Vaccinium – arandeira
Subspecies Odontopera bidentata bidentata (Clerck, 1759) (Europa) Odontopera bidentata exsul Tschetverikov, 1904 (leste de Asia) Odontopera bidentata kurilana Bryk, 1942 (illas Kuriles)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Chinery, Michael (1986, reprinted 1991). Collins Guide to the Insects of Britain and Western Europe. Skinner, Bernard (1984). The Colour Identification Guide to Moths of the British Isles.
Ligazóns externas
Fauna Europaea Lepiforum e.V.
Categoría:Lepidópteros Categoría:Insectos de Asia Categoría:Insectos de Europa