O Savoia-Marchetti S.M.79 Spaviero (gabián) foi un bombardeiro medio italiano usado durante a Guerra Civil española e a segunda guerra mundial. Voou por primeira vez o 8 de outubro de 1934 como unha evolución do transporte civil S.M.73. Construóronse en total 1.230 exemplares e tivo unha versión de transporte con capacidade para 10 pasaxeiros, denominada S.M.83. Foi o bombardeiro italiano máis importante da segunda guerra mundial.
Durante a Guerra Civil española foi usado como bombardeiro horizontal tanto polos nacionalistas como pola Aviación Lexionaria italiana. Chegaron uns 135 S.M.79-I, e cando os italianos marcharon doaron 80 dos superviventes aos nacionalistas.
Categoría:Bombardeiros italianos da segunda guerra mundial Categoría:Avións da guerra civil española Categoría:Aeronaves de Savoia-Marchetti Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1934