Tesouro de Ackworth 283x283pxMoedas procedentes do tesouro de Ackworth· Data do depósito: ca. 1645-1646. · País: Inglaterra.

· Período: Guerra civil inglesa.

· Descubridor: Owen Johnson.

· Lugar de aparición: Ackworth, West Yorkshire.

· Data do achado: 2011.

· Composición: 591 moedas e un anel.

· Materiais: ouro e prata.

· Conservación: Pontefract Museum.

O tesouro de Ackworth é un depósito monetario da época da guerra civil inglesa descuberto en Ackworth, West Yorkshire en 2011, composto por 591 moedas de ouro e de prata das Illas Británicas e dos Países Baixos Españois, mais un anel de ouro.

Descuberta O autor do achado foi Owen Johnson, un médico do Hospital Pinderfields de Wakefield, de 53 anos. Johnson era afeccionado á xardinaxe e, no verán de 2011, cando arranxaba o xardín da súa casa, viu un anaco dunha vasilla cerámica soterrada e, ao tirar dela, comprobou que contiña moedas. Nas súas propias palabras, ao sacar o recipiente as moedas esparexéronse "como moedas dunha máquina comecartos".Wainwright, M. (2012). "Yorkshire's hoard of mysterious silver and gold". En The Guardian. 15 de novembro. esquerda|miniatura|O tesouro in situ, no xardín do seu descubridor.|240x240px

A descuberta comunicóuselle o 21 de xullo de 2011 a Amy Downes, responsable de achados de Yorkshire Meridional e Occidental. Nos días seguintes levouse a cabo unha clasificación inicial do tesouro e realizouse unha escavación no lugar, na que non se recuperaron máis moedas. A vasilla e as moedas foron transferidas ao Museo Británico, consonte o establecido pola Lei do Tesouro do Reino Unido."Hoard. Unique ID: SWYOR-FDBB70 ". Portable Antiquities Scheme (Finds.org.uk).

Contido e interpretación

As vasillas miniatura|296x296px|Vasillas de cerámica que contiñan o tesouro. No achado apareceron senllos recipientes de cerámica, ambos de louza dura de alta cocción recubertos dun vidrado marrón escuro. As moedas achábanse no interior do maior deles, unha vasilla que ese atopou completa, aínda que escachada en dúas partes, fabricada nunha data próxima ao seu soterramento. A súa altura era de 138 mm, o seu diámetro máximo no bordo de 151 mm e na base de 105 mm. O segundo recipiente é unha pequena cunca cerámica cisterciense con bordo acampanado, á que lle faltan as dúas asas e da que non se conserva o bordo. Ten un diámetro de base duns 50 mm. Ambos os tipos de cerámica producíanse no importante centro manufactureiro de Wrenthorpe, nas proximidades de Wakefield, a uns 16 quilómetros de Ackworth.

O anel de ouro miniatura|221x221px|O anel de ouro en distintas posicións, para apreciar a inscrición completa. Ademais das moedas, no interior da vasilla grande achouse un anel de ouro do tipo Posie, con inscricións, moi popular entre os séculos XV e XVII tanto en Inglaterra como en Francia e que era motivo de agasallo entre namorados."Posy Ring Inscriptions". Wartski.com Trátase dun anel fino e lixeiro, cun diámetro de 20,42 mm, unha banda de 4,39 mm de ancho e 1,21 mm de grosor, e un peso de 4,9 gramos.

A súa face exterior é lisa e arredondada, en tanto que no seu interior leva a inscrición When this you see remember me ("Cando vires isto lémbrate de min"). Esta inscrición aparece recollida na obra inglesa Posies and Posy ring, de Joan Evans, na que se sinala que se utilizou desde 1596 ata polo menos 1735.

De xeito illado, o anel podería ser datado vagamente arredor dos séculos XVII ou XVIII, mais o feito de ser descuberto na vasilla xunto coas moedas datadas ca. 1645-1646, pódese concluír que a súa data de produción é próxima a esta.

As moedas No interior da vasilla había 591 moedas. 52 pezas son de ouro, a máis antiga delas cuñada entre 1547 e 1549. As demais moedas son de prata e delas, 523 se corresponden con emisións a nome de monarcas ingleses e escoceses, outras 4 son irlandesas e, finalmente, 12 proceden dos Países Baixos españois.miniatura|296x296px|Tres exemplares de coroas de ouro de Xacobe I. Logo da análise das moedas, concluíuse que todo o conxunto foi soterrado nunha soa vez, cara a mediados da década de 1640, durante a época da guerra civil inglesa, e non en diversas fases, como ocorre noutro tipo de tesouros. No momento do seu depósito, o valor nominal das moedas era de 85 libras e 12 xilins, unha cantidade significativa de diñeiro que o sitúa entre os maiores atesouramentos rexistrados no período da guerra civil. Esa cantidade tería sido suficiente para o pagamento a un soldado durante cinco anos, tendo en conta o soldo habitual da época, de dez peniques ao día.

A derradeira moeda datada do tesouro é de 1645 a 1646.+Táboa das moedas do tesouroPaísReinadoPeríodoMoedaCantidadeMetalInglaterraEduardo VI1547-1553½ soberano1Ouro1 xilin2Prata6 peniques2"Isabel I1558-16031 xilin30"6 peniques121"Xacobe I1603-1625Unite5OuroDobre coroa3"Coroa4"½ coroa3"Laurel8"½ laurel2"¼ laurel2"½ coroa1Prata1 xilin25"6 peniques20"Carlos I1625-1649Unite13OuroDobre coroa6"Coroa4"½ coroa90Prata1 xilin189"6 peniques31"IrlandaXacobe I1603-1625Xilin3"6 peniques1"EscociaXacobe IV1488-1513½ sword & sceptre1Ouro30 xilins2Prata1 thistle merk7"Carlos I1625-164930 xilins2"Países BaixosEspañoisAlberte e Isabel1598-1621Ducatón1"Filipe IV1621-1665Ducatón11"

Adquisición e exposición miniatura|296x296px|Ducatón de Brabante a nome de Alberte e Isabel (1619). ceca de Anveres. O tesouro foi valorado en 54.492 libras. O Concello de Wakefield puido reunir esa cantidade de diñeiro grazas a unha combinación de subvencións e doazóns públicas, entre as que cómpre salientar a de 27.000 libras por parte do Victoria and Albert Museum, a de 10.000 libras do Headley Trust e a de 25.500 libras do Heritage Lottery Fund."Ackworth Hoard". Trustees of the National Heritage Memorial Fund (Heritagefund.org.uk)."Ackworth Hoard for Wakefield". Wakefield Museums and Libraries. 9 de abril de 2023. No outono de 2012 iniciouse tamén unha campaña de financiamento público para recadar o resto dos fondos necesarios.

Unha escolma do tesouro expúxose ao público por primeira vez durante a propia campaña de recadación de fondos, en xaneiro de 2013, no Pontefract Museum, que foi a entidade que finalmente o adquiriu na súa totalidade en abril de 2013."The Ackworth Hoard goes on display in Pontefract Museum". En Wakefield Express. 7 de xaneiro de 2013.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Tesouro

Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía no Reino Unido Categoría:Moedas da Idade Moderna