Marie-Adélaïde Deraismes, nada o 17 de agosto de 1828 e finada o 6 de febreiro de 1894, coñecida como María Deraismes, foi unha destacada pensadora francesa do século XIX, xornalista, escritora e pioneira na defensa da igualdade e dos dereitos das mulleres .
Traxectoria En 1869 foi cofundadora do xornal Le Droit des femmes ("O dereito das mulleres") en París e, ao ano seguinte, fundadora dunha asociación co mesmo nome que presidía ela mesma. En 1881 foi copropietaria e codirectora do xornal El Republicano . En 1882 fundou a Liga Francesa dos Dereitos da Muller . En 1893 foi cofundadora, xunto con Georges Martin, da Orde Internacional Masónica Mixta Le Droit Humain - O Dereito Humano, a primeira asociación masónica mixta.
Compilou os seus discursos no libro Eve dans l'humanité (1891). Considerou que a inferioridade da muller non é un feito da natureza e que a inferioridade legal non se basea en ningunha lei natural senón que resulta da intervención masculina. Defendeu o voto feminino ; a reforma das leis, especialmente as relacionadas coa familia; a expansión e secularización da educación feminina ; a dignidade da imaxe da muller na ficción; a mellora da situación das mulleres proletarias; o drama social da prostitución e a necesidade da súa abolición.
Notas
Categoría:Nados en París Categoría:Masonaría Categoría:Feministas de Francia Categoría:Masóns de Francia