Guānyú wǒ hé guǐ biànchéng jiārén dì nà jiàn shì (en ) é un filme taiwanés de 2022 dirixido por Cheng Wei-hao e protagonizado por Greg Hsu, Austin Lin e Gingle Wang. O guión é obra de Sharon Wu e Cheng Wei-Hao, e é unha adaptación dunha historia orixinal de Lai Zhi-liang. A historia combina con humor o costume tradicional chinés do matrimonio de pantasmas cunha historia de detectives policiais, así como un romance homosexual entre un humano e unha pantasma.

Foi escollido como candidato taiwanés para presentarse ó Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes

Greg Hsu como Wu Ming-han Austin Lin como Mao Pang-yu (Mao Mao) Gingle Wang como Lin Tzu-ching Tsai Chen-nan como Lin Hsiao-yuan Wang Man-Chiao como Mao Chen A-lan Tuo Tsung-hua como Mao Cheng-kuo Ma Nien-hsien como Chang Yung-kang Cheng Chih-wei como mestre do templo Chen Yen-tso como Chubby Chang Zhang-xing como A-Gao Cliff Cho como Hsiao-Ma Kurt Hsiao como oficial de policía Liu Kuan-ting como oficial de policía Aaron Yan como Chen Chia-hao Chris Lee como mozo de Chia-hao

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Taiwán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de Taiwán Categoría:Filmes dirixidos por Cheng Wei-hao Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Taiwán