Teodoro Fanego Bouza, nado en Ourense cara a 1882 e finado en Cariño o 24 de maio de 1968, foi un industrial conserveiro e político galego.

Traxectoria Construtor e carreteiro, instalouse en Cariño cando se construíu o porto nos anos 1906 a 1910. Casou con Dolores Carrodeguas Domenech, de familia de fábricas de salgadura, e fundou a fábrica de salgadura El Centauro cara a 1912. Nos anos vinte e trinta comezou coa conserva de peixe. Na fábrica facían conserva para o exército, sobre todo palometa negra e sardiña en tomate, e exportaban anchoa a Italia. Tamén tiñan fábrica de fariña de peixe. Foi correspondente de El Ideal Gallego en Cariño.El Ideal Gallego, 20-8-1926, p. 2. Foi concelleiro de Ortigueira en 1929,El Pueblo Gallego, 5-4-1929, p. 2. e presidente da sociedade de armadores de Cariño en 1930.El Ideal Gallego, 19-12-1930, p. 4. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe de Falange de Ortigueira.El Correo Gallego, 20-10-1936, p. 2. Foi nomeado concelleiro de Ortigueira e primeiro tenente de alcalde. Foi destituído polo gobernador civil en agosto de 1937 xunto co alcalde Gonzalo Prieto Cao e o segundo tenente de alcalde Secundino Rodríguez. Teodoro Fanego foi desterrado a Xinzo de Limia e Secundino Rodríguez a Celanova.El Compostelano, 4-8-1937, p. 1. Finou en Cariño o 24 de maio de 1968.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 25-5-1968, p. 14, 20.

Á súa morte herdou a fábrica a súa filla Purificación Fanego Carrodeguas, viuva de José Docanto Martínez, e administrárona os seus fillos Teodoro e José Docanto Fanego. A fábrica El Centauro pechou en 1989.

Recoñecementos Medalla ao Mérito no Traballo, categoría de prata, en 1967.BOE, 4-8-1967, p. 10995-10996.

Vida persoal Casou en Cariño con Dolores Carrodeguas Domenech, e foi pai de Purificación, José, finado o 27 de novembro de 1968,El Pueblo Gallego, 30-11-1968, p, 4. e Teodoro Fanego Carrodeguas, que finou o 6 de agosto de 1941.El Ideal Gallego, 7-8-1941, p. 3.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Latón "El Centauro"

Categoría:Empresarios do sector conserveiro Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Ortigueira Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1968