Misterio (en ) é un filme francés de 2021 dirixido e coescrito por Denis Imbert. Baséase nunha historia da vida real. Está protagonizado por Vincent Elbaz, Marie Gillain, Éric Elmosnino, Tchéky Karyo e Shanna Keil, e foi engadida ao catálogo de Netflix a finais do mesmo ano.

Estreouse en galego o 16 de maio de 2024 a través da TVG.

Sinopse Stéphane e a súa filla de oito anos, Victoria, que non dixo nin unha palabra dende a morte da súa nai, trasládanse a unha nova casa na serra do Cantal. A pequena camiña polo bosque e coñece un pastor local, quen lle confía un cadeliño chamado Misterio. Coa súa nova compañía, Victoria atopa de novo o seu sorriso, pero máis tarde o seu pai decátase de que Misterio é en realidade un lobo.

Personaxes Vincent Elbaz como Stéphane Shanna Keil como Victoria Marie Gillain como Anna Éric Elmosnino como Thierry Tchéky Karyo como Bruno Éric Savin como Jean-Paul Romain Lancry como o señor Darmet Vincent Deniard como Brice

Notas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes de aventuras Categoría:Filmes sobre lobos Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego