O Condado de Cork (Contae Chorcaí en gaélico irlandés) é o máis grande dos condados modernos da República de Irlanda. A Cork coñéceselle polo seu alcume de "O condado Rebelde", debido ó apoio que deu a xente do condado en 1491 a Perkin Warbeck, un pretendente ó trono de Inglaterra durante a Guerra das Dúas Rosas. Xa en tempos máis modernos, o nome fai referencia o papel tan importante que Cork xogou na guerra de independencia de Irlanda (1919-1921) e á súa posición en contra do trato durante a guerra civil (1922-1923). As atraccións inclúen a Pedra de Blarney (no castelo de Blarney) e Cobh (chamada tamén na época da invasión Queenstown) o porto do que saían case tódolos emigrantes irlandeses camiño a Estados Unidos, Canadá, Nova Zelandia ou Australia, e tamén por ser a derradeira parada en porto do Titanic. A cidade de Cork é a segunda máis grande da República de Irlanda e a capital da provincia de Munster.

A zona máis afastada e menos habitada é a súa parte oeste (West Cork) e resulta ser un destino preferido polos turistas que gustan de gozar das pequenas vilas e illas como Sherkin Islands ou Sheep's Head, o círculo megalítico de Drombeg, ou o punto máis suroeste de Irlanda, Mizen Head. Nos últimos anos o terreo da parte máis oeste do condado está moi demandada internacionalmente, é moitos cidadáns da UE fixaron a súa residenca alí, incluíndo personaxes famosos como Jeremy Irons ou Neil Jordan. West Cork é famosa pola súa natureza abrupta, belas praias e unha atmosfera social tan distinta que a fan a parte máis relaxada do país. Tamén é famosa pola cantidade de artesáns, músicos, poetas e dramaturgos que alí residen.

Localidades miniatura|esquerda|730px|Cobh Adrigole, Aghabullogue, Aghada, Allihies Ballinadee, Ballinascarthy, Ballincollig, Ballineen, Ballinhassig, Ballinlough, Ballinspittle, Ballycotton, Ballydehob, Ballydesmond, Ballygarvan, Ballylickey, Ballyvourney, Baltimore, Bandon, Banteer, Bantry, Barleycove, Blarney, Buttevant Carrigaline, Carrigtwohil, Castletownbere, Castletownroche, Castletownshend, Castlemartyr, Charleville, Clonakilty, Cloyne, Coachford, Cobh, Coolea, Cork, Courtmacsherry, Crookhaven, Crossbarry, Crosshaven Doneraile, Douglas, Drimoleauge, Drinagh, Dromahane, Dunmanway, Durrus Enniskeane Fermoy, Fountainstown Glandore, Glanmire, Glengarriff, Glounthaune, Goleen, Gougane Barra, Glenbrook, Cork Innishannon Kanturk, Kealkill, Killavullen, Kilbrittain, Kilcrohane, Killeagh, Kilmeen, Kilmichael, Kinsale, Knocknagree Ladysbridge, Leap Macroom, Mahón, Mallow, Midleton, Millstreet, Mitchelstown, Mizen Head, Monkstown Newcestown, Newmarket, Newtownshandrum Oysterhaven Passage West Ringaskiddy, Rockchapel, Rosscarbery, Rostellan, Rylane Saleen, Schull, Shanagarry, Skibbereen Timoleague, Tower Union Hall Whitegate Youghal

Cork