O pazo de Leis, ou pazo do Barro, é unha casa señorial tradicional situada no Barro de Arriba (O Barro, A Baña).
Trátase dunha edificación do século XVI en bo estado de conservación que está composta por unha torre e un corpo acaroado. Os muros están feitos de cachotaría e cadeirado de granito. Ten tellado a catro augas no corpo máis elevado e a dúas no inferior. O pazo conta cunha dobre escalinata con balaustradas de pedra e pertenceu ao marquesado dos Leis. O pazo foi mercado e restaurado por unha familia non vinculada ao marquesado dos Leis.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Pazo de Leis, Turismo.gal
Leis Categoría:A Baña Categoría:A Baña sen imaxes