Johannes Stark, nado en Schickenhof, hoxe Zettl, Baviera, o 15 de abril de 1874 e finado en Traunstein, tamén Baviera, o 21 de xuño de 1957, foi un físico alemán, Premio Nobel de Física en 1919.

Traxectoria Estudou en Bayreuth, primeiro, realizando os estudos universitarios en Múnic. Foi profesor de Física en Gottingen, Hannover, Greifswald, Aquisgrán (en alemán Aachen), Wurzburg.

Descubriu o duplo duplo dos raios eléctricos canalizados e o efecto do campo eléctrico sobre as liñas do espectro de luz emitida por elementos químicos (efecto Stark,, 1913), este último efecto foi tamén descuberto de xeito independente por Lo Surdo. Por ambos descubrimentos recibiría o Premio Nobel de Física no 1919.

Polo seu apoio á política nazi, Stark dirixiu o Instituto Físico-Técnico do III Reich dende 1933 até que se xubilou no 1939. Stark foi xulgado en 1947, e condenado a catro anos.

Stark publicou máis de 300 traballos, fundamentalmente relacionados coa electricidade e campos análogos. Recibiu numerosos premios, ademais do premio Nobel, como o premio Baumgartner da Academia de Ciencias de Viena (1910), o premio Vahlbruch da Academia de Ciencias de Göttingen (1914), a medalla Matteucci da Academia de Roma.

Durante o réxime nazi, intentou ser o Führer da física alemá, a través do movemento Deutsche Physik ("Física alemá", xunto con Philipp Lenard), en contra da "física xudía", representada por Albert Einstein e Werner Heisenberg.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1919

Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados en Baviera Categoría:Premios Nobel de Alemaña