Carlos Asorey Martínez, nado en Loño (Vila de Cruces) cara a 1950 e finado en 2015, foi un cineasta e cámara galego.

Traxectoria Estudou en Madrid, onde se vinculou ao PCE. Marchou a Francia en 1974. En París frecuentou os ambientes galegos antifranquistas nucleados arrededor da asociación cultural O Toxo. Adquiriu formación cinematográfica como espectador na Cinemateca francesa e como cineasta na Universidade París-Vincennes. Foi actor secundario en La hipótesis del cuadro robado (1978) do director chileno exiliado Raoul Ruiz. Filmou a emigración galega en París nos anos setenta. En 1979 presentou o seu documental Oficio de desterro na I Mostra de Cine das Nacionalidades e Rexións da Coruña.Hoja Oficial del Lunes, 17-8-1979, p. 8.

Retornou a Galicia en 1981 cun problema de saúde mental. Intentou seguir dedicándose ao cine e preparou guións como Documental para la ciudad de Compostela, pero non tivo acollida. Entrou a traballar como cámara na Televisión de Galicia en 1985.

Obras A festa popular da montaña. Oficio de desterro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Carlos Asorey, la cámara “desesperada y compulsiva” que grabó la emigración gallega en París durante los 70 O documentalista militante de Loño

Categoría:Personalidades do cinema de Galicia Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2015