Alberte Fernández Silva, nado en Pontevedra en 1992, é un político galego.

Traxectoria Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Fernández Silva comezou no movemento estudantil nacionalista a través dos Comités e a Liga Estudantil Galega, e militou en Galiza Nova dende 2009. O 26 de novembro de 2016 foi elixido secretario xeral de Galiza Nova durante a XIV Asemblea Nacional da organización, permanecendo no cargo ata 2019, cando foi substituído por Paulo Ríos Santomé.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Terra e Tempo

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Secretarios xerais de Galiza Nova Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela