Aaron Freeman, nado en Filadelfia o 17 de marzo de 1970 e coñecido polo nome artístico de Gene Ween, é un vocalista e guitarrista estadounidense coñecido por ser un dos membros do grupo de rock alternativo experimental Ween.
Traxectoria
Freeman, xunto co seu amigo da infancia Mickey Melchiondo (Dean Ween), fundou o grupo a mediados da década de 1980. Ween ampliaríase a cinco membros e tocou ata maio de 2012, cando Freeman deixou de súpeto a banda porque quería perseguir unha carreira en solitario, ademais de querer deixar o alcol. Durante os seguintes anos abandonou brevemente o seu nome Gene Ween e liderou un quinteto chamado Freeman. Pouco despois de revivir o seu nome Gene Ween para unha serie de concertos tributo a Billy Joel, Ween reuniuse en febreiro de 2016 para tres actuacións en Broomfield, Colorado. A banda continuou xirando dende entón. Notas
Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1970 Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América