Bohechío foi un do cinco caciques e o máis ancián xefe taíno da Española que gobernaba o cacicado de Jaragua, na zona sur do que hoxe é Haití. Irmán da princesa Anacaona, quen tras a morte deste, arredor do ano 1502, se converteu en raíña e cacique de Jaragua.

Bohechío axudou ao seu cuñado Caonabo, cacique de Maguana, a atacar o forte La Navidad que instaurara o navegante e conquistador Cristovo Colón no veciño territorio do cacicado de Marién, o cal estaba gobernado polo cacique Guacanagarix. Tivo un trato afable con Bartolomeu Colón e durante o seu reinado aconteceu a rebelión de Roldán contra o ano 1496.

miniatura|300px|right|Cacicado de Jaragua, gobernado por Bohechío. O cacicado gobernado por Bohechío era avanzado en termos culturais.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Colón, Cristovo Relaciones de viajes Colón, Hernando Historia del Almirante

Categoría:Líderes taínos Categoría:Finados en 1502 Categoría:Historia de Haití