Manuel Limeres Ordóñez, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1907 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.
Traxectoria Xornaleiro. Membro da CNT e militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de participar no asalto ao Club de Regatas de Vilagarcía. Fuxiu ao monte. Integrouse no grupo guerrilleiro organizado por Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre cos fuxidos Ángel Buceta Loroño Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que se incorporou con Urbano Tarrío Montero, Juan Gil Quintela, Antonio Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo.
Perseguidos pola Garda Civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña onde estaban refuxiados Buceta, Beruete, Juan Gil e Manuel Díaz. O 16 de febreiro foron cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prenden lume ao edificio e morreron carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.A ciencia ao rescate da memoria dos 18 asasinados na foxa de Vilagarcía"La huella impusible de boorrar", La Voz de Galicia, Arousa, 4-7-2003, L5.Un intercambio de disparos que finalizó con el incendio de la casa Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Quema de un escondite republicano Contra o esquecemento: Ángel Buceta Loroño e Francisco Baamonde García.
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1937