Bilarghu ou Bilarghi (tamén coñecido como Pilargh'ou), nado no século XIII e finado en 1307, foi un xeneral mongol ao servizo de Gazan Kan durante finais do século XIII e principios do XIV.
Traxectoria Durante as campañas mongois de 1299 en Siria, Bilarghu foi posto á fronte da retagarda no Éufrates, ao mando de 10.000 homes.
En 1303, despois da derrota dos mongois contra os mamelucos na batalla de Shaqhab, Gazan proporcionou 1.000 mongois baixo o mando de Bilarghu para protexer o Reino armenio de Cilicia das incursións mamelucas.
En 1307, Bilarghu, que xa tiña malas relacións con Hetum II de Armenia e con León IV, estivo involucrado nun complot interno que levou ao asasinato dos gobernantes armenios. Hetum II e León IV apoiaran e organizaran a fusión da Igrexa de Armenia coa Igrexa Católica, pero sufriran unha terrible oposición interna. A facción contraria foi ver a Bilarghu e acusou a Hetum de planear unha insurrección contra os mongois. O 17 de novembro, Bilarghu decidiu que eles e o seu séquito fosen executados cando o visitaron en Anazarbo."Receuil des historiens des Croisades" (en francés). p. 548. Consultado o 31 de maio de 2024Mutafian (1993), p. 73
Oshin, irmán de Hetum, marchou inmediatamente contra Bilarghu e derrotouno, obrigándoo a abandonar Cilicia. Oshin foi coroado novo rei do reino armenio de Cilicia e, a seguir, Bilargu foi executado por Oljeitu, despois dunha petición dos armenios por ter realizado o crime anterior."Receuil des historiens des Croisades" (en francés). p. 664. Consultado o 31 de maio de 2024
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados no século XIII Categoría:Finados no século XIV Categoría:Imperio Mongol