Mulatu Astatke (en ), ou na súa versión afrancesada alternativa Astatqé, nado en Jimma, Rexión de Oromia, o 19 de decembro de 1943, é un vibrafonista etíope coñecido como un dos fundadores do ethio-jazz a finais dos anos 1950.
Traxectoria Estudou enxeñaría aeronaútica tras emigrar con 16 anos ao norte de Gales. Cun interese crecente polo jazz como afeccionado redirixe os seus estudos e logra ser o primeiro estudante africano admitido no Berklee College of Music de Boston, onde recibiu un título honorífico en 2012.
Como músico, Astatke introduciu o vibráfono e a conga na música popular etíope, o seu obxectivo como estudante, acadado na fundación do Ethio-Jazz, foi a de combinar a escala pentatónica etíope cos doce tons occidentais sen perder harmonía. Bautizou a súa solución como as "cinco contra as doce".
Outros instrumentos cos que traballa como solista son a batería, teclados e órgano. Os seus álbums céntranse principalmente na música instrumental, e Astatke aparece nos tres álbums máis coñecidos de instrumentalistas que se publicaron durante os dourados anos 70 en Etiopía. Colaborou con moitos artistas notábeis en ambos países, arranxando e tocando en gravacións de Mahmoud Ahmed, e aparecendo como convidado especial con Duke Ellington durante unha xira por Etiopía en 1973. O seu público occidental ampliouse canda a estrea do filme de Jim Jarmusch Broken Flowers (2005) no que se incluíron sete cancións de Astatke. Varios artistas de hip hop tamén samplearon de xeito adoito as cancións de Astatke, por exemplo nos traballos de Nas, Damian Marley, Kanye West, Cut Chemist e Knaan. En 2006 realizou unha xira coa banda estadounidense Either/ Orchestra e no 2008 gravou un álbum cos The Heliocentrics, ademais de completar unha bolsa do Instituto Radcliffe na Universidade Harvard, onde traballou en modernizacións de instrumentos tradicionais etíopes e estreou unha parte dunha nova ópera, The Yared Opera.
Discografía
En solitario Maskaram Setaba, 7" (Addis Ababa, 1966) Afro-Latin Soul, Volume (Worthy, 1966) Afro-Latin Soul, Volume 2 (Worthy, 1966) Mulatu of Ethiopia (Worthy, 1972) Yekatit Ethio-Jazz (Amha, 1974) Plays Ethio Jazz (Poljazz, 1989) Éthiopiques, Vol. 4: Ethio Jazz & Musique Instrumentale, 1969–1974 (Buda Musique, 1998) Mulatu Steps Ahead with the Either/Orchestra (Strut, 2010) Sketches of Ethiopia (Jazz Village, 2013) Assiyo Bellema (Mississippi/Change Records, 2013)
Colaboracións Tche Belew with Hailu Mergia & The Walias Band (Kaifa, 1977) Inspiration Information with The Heliocentrics (2009) Cradle of Humanity with Black Jesus Experience (2016) To Know Without Knowing with Black Jesus Experience (2020)
Recompilatorios Ethiopian Modern Instrumentals Hits (Amha, 1974) New York–Addis–London: The Story of Ethio Jazz 1965–1975 The Rough Guide to the Music of Ethiopia (World Music Network, 2004) Broken Flowers (Decca, 2005)
Notas
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Músicos de Etiopía