Héber Pena Picos, nado en Ferrol o 16 de xaneiro de 1990, é un futbolista galego que xoga de dianteiro no Vizela, da Segunda Liga de Portugal.
Traxectoria Pena comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Racing de Ferrol. En 2009 deixou o club para fichar polo Narón Balompé Piñeiros. Só xogou unha tempada, antes de regresar ao Racing, onde permaneceu outras tres tempadas.
En 2013, a Unión Deportiva Somozas fichouno libre e deulle a oportunidade de xogar na Terceira División. O seu primeiro gol con este club foi o 19 de novembro ante o Betanzos Club de Fútbol. Nesta tempada marcou 10 goles e colaborou no ascenso do club a Segunda B.
No seu debut na categoría de bronce do fútbol español, na primeira xornada, logrou a primeira vitoria para o seu club ao anotar de penalti fronte ao Real Avilés. O seu seguinte gol chegou o 21 de setembro de 2014, pero non serviu para nada porque o Somozas perdeu co Real Valladolid B.
En 2015 fichou polo Racing de Ferrol de novo. No club galego converteuse nun xogador fundamental nun equipo que logrou a segunda praza no grupo 1 de Segunda B. Nesta tempada disputou 31 partidos e marcou 5 goles, o primeiro deles o 31 de outubro ante o Club Deportivo Guijuelo. Nos playoffs de ascenso o Cádiz Club de Fútbol superounos en primeira rolda.
Fichou polo Racing de Santander en 2016. Alí estivo dúas tempadas e en 2018 uniuse ao Real Murcia Club de Fútbol. A metade de curso foise á Unión Deportiva Melilla.
En 2020 fichou polo Sabadell, club co que conseguiu o ascenso á Segunda División tras derrotar nos playoffs ao Atlético de Madrid B, a Cultural Leonesa e o Barcelona Atlètic. Tras unha tempada na categoría de prata, en xuño de 2021 regresou ao Racing de Ferrol, na Primeira División RFEF. Titular indiscutible no ataque racinguista, foi un dos xogadores máis destacados do equipo na tempada 2022/23, que culminou co ascenso á Segunda División despois de que o equipo se proclamase campión do Grupo I da terceira categoría. Disputou un total de 40 encontros nesa tempada, na que anotou 6 goles. Ao remate da tempada 2023/24, na que tivo un papel máis secundario, o seu contrato finalizou e deixou o club.
En xuño de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Vizela, da Segunda Liga de Portugal, club no que se puxo ás ordes do tamén galego Rubén de la Barrera.
Selección galega dereita|miniatura|Héber Pena coa selección galega (2024).
Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Futbolistas de Ferrol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Narón Balompé Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores da UD Melilla Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do FC Vizela Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol internacionais coa selección de fútbol de Galicia