Cinderella III: A Twist in Time é un filme estadounidense de 2007 dirixido por Frank Nissen a partir dun guión de Dan Berendsen, Margaret Heidenry, Colleen Ventimilia e Eddie Guerlain. Foi producido por DisneyToon Studios e distribuído por Buena Vista Home Entertainment. É o terceiro título da franquía de Disney de Cincenta, sendo a secuela de Cinderella (1950) e Cinderella II: Dreams Come True (2002). Ambientado un ano despois dos eventos do primeiro filme, Cinderella III: A Twist in Time conta como Lady Tremaine rouba a variña máxica da fada madriña e a usa para dar volta atrás ao tempo e evitar que Cincenta case co Príncipe. O elenco de voces está composto por Jennifer Hale, C. D. Barnes, Susanne Blakeslee, Tress MacNeille, Russi Taylor e Andre Stojka.
Personaxes Jennifer Hale como Cincenta Tami Tappan como a voz de canto de Cincenta C. D. Barnes como o Príncipe Susanne Blakeslee como Lady Tremaine Tress MacNeille como Anastasia Tremaine Russi Taylor como Drizella Tremaine e a fada madriña Andre Stojka como o Rei Holland Taylor como Prudence Rob Paulsen como o Gran Duque e Jaq Corey Burton como Gus Frank Welker como Lucifer
Notas
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América