Fins Eirexas Santamaría, nado en 1967, é un xeólogo, ecoloxista e sindicalista galego.
Traxectoria Licenciouse en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Exerceu como xeólogo e consultor ambiental até o ano 2002. Entre 2002 e 2004 colaborou no Consello da Cultura Galega en convenio coa Universidade de Santiago de Compostela sobre divulgación medioambiental e científica.
É membro da secretaría técnica da asociación ecoloxista ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), e dende 2006 é o seu secretario executivo.
É militante do BNG e delegado sindical da CIG.
Notas
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do BNG Categoría:Sindicalistas da CIG