God's Own Country é un filme dramático británico de 2017 escrito e dirixido por Francis Lee no seu debut como director de longametraxes. O filme está protagonizado por Josh O'Connor e Alec Secăreanu. A trama segue a un mozo gandeiro de ovellas de Yorkshire cuxa vida se ve transformada por un traballador migrante romanés.
Trala súa estrea, a película recibiu unha ampla aclamación da crítica, que eloxiou as actuacións (especialmente a de O'Connor) e a historia, ademais de eloxiala como un comezo prometedor para Lee. Foi a única produción con sede no Reino Unido que apareceu na categoría de drama mundial no Festival de Cinema de Sundance de 2017, onde gañou o premio de dirección cinematográfica mundial.
Sinopse Johnny Saxby (Josh O'Connor) vive na súa granxa familiar en Yorkshire co seu pai Martin (Ian Hart), que sufriu un ictus, e a súa avoa Deirdre (Gemma Jones). A súa vida diaria está marcada polo traballo duro cos animais, as escapadas solitarias ao bar da localidade veciña e os breves e fríos encontros sexuais con mozos descoñecidos.
A medida que se achega a tempada de partos e a saúde do patriarca diminúe, o único candidato que se postula para traballar na granxa é un traballador temporeiro romanés, Gheorghe Ionescu (Alec Secăreanu). Inicialmente conflitiva, a súa relación acaba cambiando e aparecen sentimentos novos e inesperados.
Elenco Josh O'Connor como Johnny Saxby Alec Secăreanu como Gheorghe Ionescu Gemma Jones como Deirdre Saxby Ian Hart como Martin Saxby
Notas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes independentes do Reino Unido Categoría:Filmes sobre temática LGBT do Reino Unido Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes sobre inmigración Categoría:Filmes ambientados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes en lingua inglesa