Diana Riba i Giner, nada en Barcelona en 1975, é unha pedagoga, activista polos dereitos civís e política catalá. É eurodeputada do Grupo de Os Verdes/Alianza Libre Europea no Parlamento Europeo en representación de Esquerra Republicana de Catalunya.
Traxectoria Licenciouse en pedagoxía na Universidade de Barcelona. Comezou a traballar na Fundación Centro de Iniciativas e Investigación Europeas no Mediterráneo (CIREM). Foi programadora cultural do Fórum Universal das Culturas que se celebrou en Barcelona en 2004. Rexentou a libraría Pati de Llibres de Sant Cugat del Vallès. Foi membro da directiva e tesoureira do Consello Catalán do Libro Infantil e Xuvenil e membro do Gremio de Libreiros de Cataluña. Tamén foi vicepresidenta dos Castellers de Sant Cugat. É fundadora e tesoureira da Asociación Catalá de Dereitos Civís (ACDC).
En 2019 foi candidata número 3 da coalición Agora Repúblicas para as eleccións ao Parlamento Europeo en España,: sendo elixida eurodeputada. No Parlamento Europeo, ademais de membro das Comisións de Cultura e Educación, Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior, e Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero, é vicepresidenta da Comisión de Investigación encargada de examinar a uso de software espía de vixilancia Pegasus e outros programas equivalentes. Ela mesma é unha das persoas que foron espiadas no caso de ciberespionaxe coñecido como Catalangate. En 2024 volveu presentarse coa candidatura de Agora Repúblicas, desta vez como número 1.
Riba está casada co antigo eurodeputado Raül Romeva.
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1975 Categoría:Independentistas cataláns Categoría:Europarlamentarios de España (2019-2024) Categoría:Pedagogos de España Categoría:Activistas de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona