The Dillinger Escape Plan é unha banda estadounidense de metalcore. O grupo foi formado en 1997 en Morris Plains, Nova Jersey polo guitarrista Ben Weinman, o baixista Adam Doll, o vocalista Dimitri Minakakis, e o batería Chris Pennie. O uso da banda de disonancias, compases impares, polirritmos e patróns de batería non convencionais converteuse nun elemento básico do seu son, aínda que os álbums posteriores incorporaron máis melodía e influencias de distintos xéneros. A formación da banda cambiou numerosas veces ao longo da súa existencia; cando o grupo se disolveu, Weinman era o único membro fundador que quedaba. A formación final tamén incluía a Liam Wilson ao baixo, Greg Puciato como vocalista principal e Billy Rymer á batería, xunto ao entón acabado de chegar Kevin Antreassian á guitarra rítmica.
The Dillinger Escape Plan alcanzou o éxito da crítica publicando seis álbums de estudo durante a súa existencia, sendo o primeiro Calculating Infinity (1999), que foi sinalado pola crítica como un lanzamento histórico na música hardcore punk e heavy metal. O álbum alcanzou un status de culto vendendo máis de 100 000 copias, o que converteu á banda no artista máis vendido no selo Relapse nese momento.
Antes do lanzamento do seu último álbum, Dissociation (2016), The Dillinger Escape Plan anunciou que se separarían despois da xira de promoción do disco. Os seus concertos finais tiveron lugar na Terminal 5 da cidade de Nova York do 27 ao 29 de decembro de 2017. En decembro de 2023, a banda anunciou que se reunirían para tres concertos en Nova York en xuño de 2024 co líder orixinal Dimitri Minakakis para celebrar o 25 aniversario de Calculating Infinity.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Calculating Infinity 1999 Relapse Records Miss Machine 2004 Relapse Records Ire Works 2007 Relapse Records Option Paralysis 2010 Party Smasher Inc./Season of Mist One of Us Is the Killer 2013 Party Smasher Inc./Sumerian Records Dissociation 2016 Party Smasher Inc./Cooking Vinyl
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Grupos musicais de mathcore Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais de metal experimental Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1997