miniatura|250x250px|Mitdbø, onde viviron Tarjei Vesaas e a súa esposa, Halldis Moren Vesaas Tarjei Vesaas, nado o 20 de agosto de 1897 e finado o 15 de marzo de 1970, foi un poeta e novelista noruegués. Está considerado un dos máis importantes escritores da Noruega do século XX.
Traxectoria Vesaas naceu en Vinje (Telemark), fillo do granxeiro Olav Vesaas (1870-1951) e a profesora Signe Øygarden (1870-1953). Foi o máis vello de tres irmáns. O seu sentimento de culpa por non facerse cargo da granxa familiar influenciou a súa escrita. Vesaas pasou gran parte da súa mocidade en soidade, gozando do afastamento da natureza. Casou coa tamén escritora Halldis Moren Vesaas (filla de Sven Moren e irmá de Sigmund Moren), coa que se trasladou a Midtbø en 1934. Tiveron dous fillos: un neno, Olav Vesaas, e unha nena, Guri Vesaas.
Obra Os seus libros foron compostos durante un período de cincuenta anos, entre 1923 e 1970. Vesaas escribiu en nynorsk, e a súa obra caracterízase por unha prosa sinxela, sobria e simbólica. As súas historias adoitan relatar a vida de persoas do rural que sofren de graves traumas psicolóxicos. Entre os seus temas predilectos, atópanse a morte, a culpa, a angustia, tratados sobre o fondo da paisaxe natural norueguesa. A súa ópera prima foi Menneskebonn ("Fillos dos humanos", 1923), mais o seu primeiro libro de transcendencia foi Det store spelet ("O gran ciclo", 1934). A súa mestría no emprego do nynorsk contribuíu á súa consolidación como medio literario.
As súas novelas máis coñecidas son Is-slottet ("O palacio de xeo", 1963), que xira arredor da relación entre dúas rapazas, e Fuglane ("Os paxaros", 1957), sobre un adulto coa mentalidade dun neno. Os seus libros foron traducidos a 28 linguas.
Premios 1943 – Premio Gyldendal 1946 – Premio Melsom 1957 – Premio Dobloug 1964 – Premio de literatura do Consello Nórdico 1967 – Premio dos libreiros de Noruega
Publicacións Novelas Dei svarte hestane ("Os cabalos negros", 1928) Det store spelet ("O gran ciclo", 1934) Kvinnor ropar heim ("As mulleres chaman á casa", 1935), secuela de Det store spelet Kimen ("A semente", 1940) Huset i mørkret ("A casa na escuridade", 1945) Vårnatt ("A noite de verán", 1954) Fuglane ("Os paxaros", 1957) Is-slottet ("O palacio de xeo", 1963) Bruene ("As pontes", 1966) Båten om Kvelden ("O bote na noite", 1968)
Narrativa curta Vindane ("Os ventos", 1952)
Poesía Løynde eldars land ("Terra de lumes ocultos", 1953)
Notas
Categoría:Finados en 1970 Categoría:Nados en 1897 Categoría:Escritores en lingua norueguesa Categoría:Escritores de Noruega