A lingua ashéninka (tamén escrita como ashéninca ou ashéninga) é unha lingua arauaca falada polo pobo ashéninka do Perú e do Brasil. É o nome común de varias variedades que pertencen ao subgrupo de linguas campa. Ethnologue distingue sete linguas diferentes no complexo ashéninka, mentres que Pedrós propuxo unha división en tres linguas (ashéninka, asháninka e ashé-ashá norte) baseándose no principio de intelixibilidade mutua. As variedades incluídas en ashéninka e ashé-ashá norte foron chamadas tradicionalmente ashéninka. Glottolog reflicte a proposta de Pedrós, aínda que considerando as linguas propostas por el como agrupacións das linguas que distingue o Ethnologue. Segundo datos de 2017 tiña 8.774 falantes. O ashéninka está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Cushimariano Romano, Rubén e Richer C. Sebastián Q. (2009). Diccionario asháninka–castellano (versión preliminar). Crevels, Mily, Lyle Campbell, Veronica Grondona e Mouton De Gruyter. "Language Endangerment in South America: The Clock Is Ticking." A Comprehensive Guide The Indigenous Languages of South America, 2012, 167-234. "Asháninka." Language, Alphabet and Pronunciation. Consultado o 5 de maio de 2016.
Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas do Perú