miniatura|W. E. B. Du Bois.

William Edward Burghardt Du Bois, ás veces chamado Web Dubois, nado en Great Barrington (Massachusetts) o 23 de febreiro de 1868 e finado en Ghana o 27 de agosto de 1963, foi un sociólogo, historiador e socialista afroamericano de orixe haitiana que loitou polo recoñecemento dos dereitos cívicos dos negros nos Estados Unidos. Foi tamén editor e poeta. Pertenceu á francmasonería.

Foi laureado co Premio internacional da paz (outorgado polo Consello mundial da paz) en 1952 e co Premio Lenin da paz en 1959.

Traxectoria Orixes familiares e primeiros anos William Edward Burghard Du Bois naceu o 23 de febreiro de 1868 en Great Barrington, Massachusetts, fillo de Alfred Du Bois e Mary Silvina Burghardt Du Bois. A familia materna formaba parte dunha pequena comunidade de persoas negras libres de Great Barrington, e posuía terras na rexión. Ademais, a nai descendía de devanceiros holandeses, africanos e ingleses. O bisavó de Du Bois era Tom Burghardt, un escravo (nado no occidente africano contra 1730) do colono holandés Conraed Burghardt. Tom serviu brevemente no Exército Continental durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América, o que puido ser a causa da súa liberación a finais do século XVIII. O fillo de Tom Burghardt, Jack Burghardt, foi á súa vez pai de Othello Burghardt, avó de W. E. B. Du Bois.

W. E. B. Du Bois afirmaba ser parente de Elizabeth Freeman, que segundo el casou co seu bisavó Jack Burghardt. Porén, Freeman era 20 anos maior ca Burghardt, e non existe rexistro oficial dese matrimonio. É posible que Burghardt casase coa filla de Freeman, Betsy Humphrey, tras ser abandonada polo seu esposo Jonah Humphrey, e tras o pasamento da primeira muller de Burghardt cara a 1810. Hai evidencia parcial de que ambos mantiveron algún tipo de relación íntima.

O bisavó paterno de W. E. B. Du Bois foi James Du Bois (de Poughkeepsie, Nova York), un home francoamericano de orixe hugonote casado cunha muller escrava. Un dos seus fillos foi Alexander, nado en Long Cay, nas Bahamas, en 1803; este emigrou xunto co seu pai aos Estados Unidos en 1810. Alexander Du Bois estivo un tempo traballando en Haití, onde naceu Alfred Du Bois, froito das súas relacións cunha amante. Alexander regresou a Connecticut, deixando en Haití ao seu fillo.

Arredor de 1860, Alfred Du Bois viaxou aos Estados Unidos, establecéndose en Massachusetts. Casou con Mary Silvina Burghardt o 5 de febreiro de 1867 en Housatonic, unha vila situada en Great Barrington. Alfred abandonou a Mary en 1870, dous anos despois do nacemento do seu fillo William, quizais por presións da familia materna. Mary Du Bois mudouse a casa dos pais en Great Barrington, onde viviron até que o fillo cumpriu os cinco. Mary traballou para contribuír ao fogar (malia a oposición do seu irmán e veciños), mais faleceu dun ictus a comezos da década de 1880. Faleceu en 1885.

A poboación de Great Barrington era en gran parte de orixe europea, mais Du Bois puido asistir á escola pública local e xogar cos seus compañeiros brancos. Porén, xa de adulto, escribiu sobre o racismo que viviu como fillo abandonado e membro dunha minoría. O profesorado, recoñecendo a súa capacidade, animouno a continuar as súas pescudas intelectuais. Du Bois pensaba que podía empregar os seus coñecementos para apoderar ás persoas afroamericanas. En 1884, graduouse do instituto de Great Barrington con matrícula. A congregación da súa igrexa local fixo unha colecta para financiar a súa educación universitaria.

Formación Estudou na Fisk University de Nashville (Tennessee), e logo en Harvard a partir de 1888. Foi o primeiro negro norteamericano graduado cun doutoramento en Filosofía por Harvard en 1895.

Madurez Despois dos seus estudos en Harvard e en Berlín, publicou unha das primeiras obras sociolóxicas americanas: The Philadelphia Negro (O negro de Filadelfia). Ensina na Universidade de Atlanta e publica en 1903 o ensaio The Souls of Black Folk. Foi tamén autor de varias novelas, das que destaca The Dark Princess (A Princesa Negra).

En 1909, participou na creación da NAACP, e dirixiu o seu xornal, The Crisis.

A partir dos anos 1940, mostra unha simpatía crecente polas teses comunistas. En 1961, con 93 anos, afilíase oficialmente ao Partido comunista dos USA. Logo emigrou a Ghana, da que recibiu a nacionalidade, e onde faleceu en 1963.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sociólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas afroamericanos Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Activistas polos dereitos humanos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Berkshire, Massachusetts Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Premio Lenin da Paz