miniatura| Entrada principal da Reitoral pola Vía Festa do Perdono.|346x346px A Universidade de Milán, en italiano Università degli Studi di Milano, UNIMI, é unha das maiores universidades de Italia con 60.162 estudantes (2013/14), 4.150 persoal docente e non docente (2009/2010).

Historia A Universidade de Milán foi fundada o 30 de setembro de 1923, cando a Facultade de Artes e Filosofía da Academia de Milán, activa desde 1862, fusionouse cos "Istituti Clinici di Perfezionamento" fundados por Luigi Mangiagalli en 1906.

As actividades de investigación e docencia da Universidade desenvolvéronse notabelmente ao longo dos anos e mereceron o recoñecemento internacional. A institución é o único membro italiano da Liga de Universidades Europeas de Investigación (LERU). Un prestixioso grupo de vinte universidades europeas centradas na investigación. Tamén foi recoñecida como a primeira universidade de Italia e a sétima de Europa.

A nivel local, a universidade adoita denominarse "Estatal" para evitar confusións con outras institucións académicas da cidade.

Organización A universidade está dividida en 9 facultades:

Facultade de Agricultura Facultade de Arte e Filosofía Facultade de Dereito Facultade de Ciencias e Tecnoloxías Facultade de Medicina e Cirurxía Facultade de Farmacia Facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Sociais Facultade de Deportes e Educación Física Facultade de Veterinaria

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Universidade de Milán Centro de estudantes

Categoría:Universidades de Italia Categoría:Universidades de Europa