Portfolio de Galicia foi unha publicación editada na Coruña entre 1901 e 1912.

Historia e características Publicación coleccionable por fascículos que puxo en marcha Pedro Ferrer en decembro de 1901. Foi unha colección de fotografías de Galicia feitas polo propio Pedro Ferrer e outros fotógrafos galegos da época como Francisco Zagala ou Jaime Pacheco. A primeira serie foi editada por El Correo Gallego.El Correo Gallego, 15-12-1901, p. 1. O último número desta primeira serie foi o 24, aparecido en a principios de 1904.El Regional, 25-12-1903, p. 1. En 1904 Pedro Ferrer recompilou esta primeira serie e editouna nun volume co título Portfolio Galicia. Naturaleza y Arte.

En abril de 1910 publicouse o primeiro caderno da segunda serie,El Correo Gallego, 13-4-1910, p. 2. que continuou polo menos ata o número 16, aparecido en decembro de 1912.El Eco Franciscano, 15-12-1912, p. 25.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1901 en Galicia