A lingua cayuga (cuxo autoglotónimo é gayogo̱hó꞉nǫˀ) é unha lingua da familia iroquesa falada polo pobo cayuga. Pertence ao subgrupo iroqués do norte das linguas das "Cinco Nacións" e fálase na Reserva das Seis Nacións, Ontario, por unhas 240 persoas, e na reserva de Cattaraugus, no estado de Nova York, por menos de 10 persoas.

O cayuga está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO, xa que só 115 persoas do pobo cayuga tiñan esta lingua como lingua nai segundo o censo canadense de 2021. O pobo cayuga está a traballar na súa revitalización lingüística. Como exemplo disto, o Six Nations Polytechnic desenvolveu aplicacións en iOS e programas de estudo en cayuga, oneida, mohawk e outras.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Dyck, Carrie, Frances Froman, Alfred Keye & Lottie Keye. LIN 6050 Structure of Cayuga. Course Package.. Ms. Memorial University of NL and Woodland Cultural Centre.

Categoría:Linguas iroquesas Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas Categoría:Pobo cayuga