A rúa do Príncipe é unha vía de Vigo. Debe o seu nome a honrar a Afonso XII de España, fillo de Isabel II de España, daquela Príncipe de Asturias, e foi inaugurada en 1861. Constitúe un dos primeiros e máis importantes centros do comercio da cidade, con grandes baixos comerciais, empresas do comercio téxtil e de moda. Atópase moi próximo á paralela rúa do Progreso, formando un verdadeiro centro comercial aberto onde abundan negocios, mercados de abastos e outro tipo de locais. Nesta rúa tamén se atopan edificios históricos, como A Sede do Real Club Celta de Vigo ou o museo MARCO.
A rúa do Príncipe comeza no farol de Urzaiz, situado na rúa homónima e remata na praza da Porta do Sol. En todo o seu percorrido, totalmente peonil, entrecrúzanse diferentes rúas perpendiculares. Son, na seguinte orde, a ronda de Don Bosco, a rúa de Londres, as rúas de Velázquez Moreno, Eduardo Iglesias, López de Neira e Doutor Cadaval.
Historia A rúa do Príncipe foi inaugurada no ano 1861 tras a reforma e urbanización da estrada que existía previamente. Constituíu a primeira rúa urbanizada extramuros da antiga Muralla de Vigo, que comezara a ser derrubada tres anos antes, no 1858.
Así, o bando municipal que inauguraba publicamente a rúa rezaba o seguinte:
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Plan Especial de Protección do Ensanche e a Cidade Central Concello de Vigo, 2007. Álvarez Blázquez, Xosé María (1960). La Ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo. Editorial Monterrey . Nadal Yuste, Paco (2014). Rías Baixas. Escapadas p. 25. Barcelona, Penguin Random House. ISBN 978-84-03-51222-1 .
Outros artigos A Sede Muralla de Vigo
Ligazóns externas "Rúa do Príncipe" Concello de Vigo.
Categoría:Rúas de Vigo