A lingua tuscarora, cuxo autoglotónimo é , é unha lingua morta que pertence á familia iroquesa e que foi falada outrora polo pobo tuscarora. Falouse no sur de Ontario, no Canadá, en Carolina do Norte e o noroeste do estado de Nova York na área das cataratas do Niágara, nos Estados Unidos, antes de extinquirse en 2020. A patria histórica dos tuscarora estaba no leste de Carolina do Norte, dentro e arredor de Goldsboro, Kinston e Smithfield.
O termo tuscarora ( quere dicir "xente do cánabo", xa que o cánabo era empregado en moitos aspectos da súa sociedade. refírese á camisa longa que se usa como parte dos agasallos dos homes, polo que o nome significa literalmente "xente de camisa longa".
O derradeiro falante fluído de tuscarora morreu en 2020. A mediados da década de 1970, 50 persoas falábano na Reserva Tuscarora (Lewiston, Nova York) e na Reserva das Seis Nacións (preto de Brantford, Ontario). O Colexio Tuscarora de Lewiston esforzouse por manter viva a Tuscarora como lingua patrimonial ensinando aos nenos dende o xardín de infancia ata o sexto curso. O tuscarora está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Rudes, Blair A. (1999). Tuscarora-English / English-Tuscarora Dictionary. Toronto, Ontario, Canadá: University of Toronto Press. Rudes, Blair A., e Dorothy Crouse (1987). The Tuscarora Legacy of J. N. B. Hewitt: Materials for the Study of Tuscarora Language and Culture. Canadian Museum of Civilization, Mercury Series, Canadian Ethnology Service Paper No. 108. Williams, Marianne Mithun (1976). A Grammar of Tuscarora. Garland studies in American Indian Linguistics.
Categoría:Linguas iroquesas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Pobo tuscarora