Pedro Agustín de Valencia y Fernández del Castillo, nado en Popayán o 26 de agosto de 1710 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 1788, foi un empresario, mineiro, comerciante e filántropo neogranadino, fundador da Casa da Moeda de Popayán e pai do primeiro Conde da Casa de Valencia.
Destinou unha parte salientable do seu patrimonio á construción e á mellora de numerosas obras na súa cidade natal e está considerado como o home público máis senlleiro da súa rexión durante o século XVIII.
Traxectoria
Orixe familiar e primeiros anos Pedro Agustín de Valencia naceu no seu dunha familia pertencente á nobreza española.Arboleda Valencia, H. (1981). Páxinas 41-73 Foi o terceiro dos catorce fillos da popayanesa María Josefa Fernández del Castillo (1688-1756), descendente do gobernador da provincia de Popayán, e do español Pedro de Valencia y Aranda (1678-1740), oriúndo de Málaga, que chegara ás Indias Occidentais en 1695 e se establecera aquel mesmo ano en Popayán, cidade da que chegou a ser alcalde ordinario en dúas ocasión.Arboleda, G. (1962). Páxina 449."Pedro Agustín de Valencia y Fernández del Castillo". Geneanet.orgMéndez Valencia, M. A. "Pedro Agustín Valencia y Fernández del Castillo". Real Academia de la Historia (RAH.es).Quintero Guzmán, M. W. (2006). Páxina 784.
O 6 de novembro de 1746, os escribáns da cidade certificaron a nobreza de Valencia e os servizos dos seus antepasados.Quintero Guzmán, M. W. (2006). Páxina 786.
Traxectoria Fundador da Casa da Moeda de Popayán
Desde comezos do século XVIII, cobrou pulo a idea de lle conceder autonomía a Popayán no manexo dos seus recursos económicos, baseados sinaladamente na minaría. O pai de Pedro Agustín de Valencia enviáralle xa, en 1725, diversas misivas ao rei de España Filipe V para conseguir a concesión dunha casa de moeda para a cidade, coa finalidade de "evitar a extracción clandestina que se facía en pasta e po de ouro que producen aquelas provincias con motivo da distancia de Santafé". O monarca español accedeu mediante unha Real cédula do 29 de xuño de 1729, á creación da casa de moeda.Real Cédula dada en El Pardo a 17 de enero de 1788 por el Rey de España al Sr. Gobernador y Capitán General del Nuevo Reino de Granada y Presidente de la Real Audiencia de Santafé. Centro de Investigaciones Históricas José María Arboleda Llorente Universidad del Cauca, Popayán.Pérez Sindreu, F. de P. (1999). Páxina 105.
O rei Fernando VI nomeou o 15 de agosto de 1749 a Pedro Agustín de Valencia como tesoureiro propietario vitalicio da Casa da Moeda de Popayán, e este impulsou de inmediato as obras para a construción das instalacións da nova institución, un proxecto financiado polo propio Valencia, que destinou boa parte da súa fortuna para iso."La Ceca de Popayán". Enumismatic.comPérez Sindreu, F. de P. (1999). "Noticias de la Casa de Moneda de Popayán y sus ensayadores". En Numisma. Ano XLIX. Nº 243. Páxina 105. Finalmente, logo de ultimarse todos os detalles da súa instalación, a ceca entrou en funcionamento o 31 de xaneiro de 1758.Pérez Sindreu, F. de P. (1999). Páxina 106.Davis, Robert H. (1993).
Máis dunha década despois, o Consello de Indias, mediante unha resolución tomada o 11 de maio de 1770 e feita pública o 16 de xuño dese mesmo ano, cumpría unha real orde pola que o 30 de xaneiro de 1771 pasaría a incorporarse á titularidade da Coroa española a Casa da Moeda de Popayán,Arboleda, G. (1919). Páxina 398."La Ceca de Popayán". Enumismatic.com que ata o momento fora explotada persoalmente por Pedro Agustín Valencia, para quen se estableceu unha indemnización polos gastos que este asumira de construción e posta en funcionamento da entidade, e para quen se reservaría vitaliciamente o posto de tesoureiro no novo status da entidade, cun soldo asignado de 2.050 pesos anuais. O cambio de titularidade deuse formalmente o 12 de setembro de 1770.Pérez Sindreu, F. de P. (1999). Páxina 107.
Obras públicas e filantropía miniatura|Cama que pertenceu a Pedro Agustín de Valencia (Museo Nacional Guillermo Valencia, Popayán).Sebastián, S. (1964). Páxina 147.Dentro da administración do vicerreinado de Nova Granada, Valencia foi nomeado en 1738 síndico procurador xeral da cidade de Popayán e en 1777 xuíz de residencia do gobernador.
O seu labor como benfeitor xeroulle un gran recoñecemento na súa cidade. Pedro Agustín de Valencia foi un dos artífices, xunto co presbítero José de Beltrán y Caicedo, da construción en 1757 do primeiro acueduto que tivo Popayán,Olano, Antonino (1908). Páxina 255. previsto inicialmente para prover de auga a Casa da Moeda e que ficou en continuo funcionamento ata 1928.Arroyo, J. (1955). Páxina 218. Entre outras infraestruturas, custeou tamén a construción da ponte sobre o río Palacé nas aforas da cidade e, en asociación con José Carvajal Bernaldo de Quirós, iniciou as obras de empedrado das rúas de Popayán a partir de 1739.Arboleda Llorente, J. M. (1949). Páxina 13.
Tamén difundiu entre as persoas de escasos recursos da rexión os coñecementos para a elaboración da cera vexetal de loureiro, e a partir desta iniciativa xurdiu unha industria local de candeas e de palmatorias que funcionou con rendibilidade durante case un século. Apoiou con importantes sumas de diñeiro o funcionamento do Colexio de Misións de Popayán e dotou a súa biblioteca.Serrano Prada, J. M. (2016). Páxina 201.
Na súa condición de profundo devoto, Pedro Agustín de Valencia doou o expositorio de prata repuxada para o altar maior da igrexa de Santo Agostiño en 1759,Penagos Casas, É. (1989). Páxina 184.Sebastián, S. (1964). Páxina 119. e en 1763 doou tamén os terreos para a construción da igrexa de San Francisco de Popayán, para o que contratou o arquitecto español Antonio García, que se encargara tamén das obras da casa da moeda. Baixo o seu mecenado e o de Bartola Arboleda, logrouse sufragar toda a nave dereita dese templo,Sebastián, S. (1964). Páxina 66. incluída a ornamentación interior, o órgano e a campá da súa torre, denominada "de Santo Antonio" pola gran devoción que Valencia e a súa familia tiñan cara a este santo.
Vida familiar miniatura|Carta de Valencia ao seu neto Marcelino Pérez de Arroyo y Valencia (1785)."Carta de Pedro Agustín de Valencia para Andrés Marcelino Pérez de Arroyo y Valencia". Universidad de La Sabana (Unisabana.uni.co). Pedro Agustín de Valencia casou en Popayán o 12 de maio de 1740 con Gerónima Rosa Sáenz del Pontón y Hurtado,Quintero Guzmán, M. W. (2006). Páxina 787. nada en Santafé o 16 de febreiro de 1725, e foron pais dunha numerosa descendencia composta por dezasete fillos, entre eles Francisco, primeiro Conde de Casa Valencia e oficial da Secretaría de Estado do Despacho Universal de Indias.Alonso de Cadenas y López, A. (2012). Páxina 279.
Finou na súa cidade natal o 17 de marzo de 1788, e por expreso desexo seu, foi sepultado co hábito franciscano no panteón familiar, situado na nave esquerda da igrexa de San Francisco, detrás do altar de Santo Antonio de Padua.Aragón, A. (1941). Páxina 104. A súa esposa faleceu na mesma cidade o 16 de febreiro de 1803.
Estre os descendentes de Pedro Agustín de Valencia que alcanzaron relevancia social na Colombia do seu tempo destacan nomes como o do presidente da Confederación Granadina Julio Arboleda Pombo (1817-1862)"Julio Arboleda". Biografías y Vidas e o presidente da República de Colombia Guillermo León Valencia (1909-1971)."Guillermo León Valencia Muñoz 1962-1966". Historico.presidencia.gov.co
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Alonso de Cadenas y López, A. (2012). Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Real Asociación de Hidalgos de España. Ediciones Hidalguía, Madrid. ISBN 978-8412370867 Aragón, A. (1941). Fastos Payaneses. Ministerio de Educación Nacional. Imprenta Nacional, Bogotá. Arboleda, G. (1919). Historia Contemporánea de Colombia. Casa Editorial Arboleda & Valencia, Bogotá. Arboleda, G. (1962). Diccionario Biográfico y Genealógico del Antiguo Departamento del Cauca. Guadalupe, Bogotá. Arboleda Llorente, J. M. (1949). "Payaneses ilustres". En Boletín de Historia y Antigüedades. Vol. XXXVI. Nº 411 a 413. Academia Colombiana de Historia, Bogotá. Arboleda Valencia, H. (1981). Descendencia española de algunas familias colombianas. Universidad del Cauca, Popayán. Arroyo, J. (1955). Historia de la Gobernación de Popayán. Ministerio de Educación Nacional de Colombia. Santafé, Bogotá. Davis, Robert H. (1993). "Casa de Moneda de Popayán". En Historical Dictionary of Colombia. The Scarecrow Press, Metuchen. ISBN 978-0810826366 Olano, Antonino (1908). "Popayán en la Colonia". En Revista Popayán. N° 16. Novembro. Imprenta del Departamento, Popayán. Penagos Casas, É. (1989). Popayán, recuerdos y costumbres. Caja Agraria, Bogotá. Quintero Guzmán, M. W. (2006). Linajes del Cauca Grande: fuentes para la historia. Tomo II. Universidad de los Andes, Bogotá. ISBN 9789586952460 Sebastián, S. (1964). Guía artística de Popayán colonial. Editorial Pacífico, Cali. Serrano Prada, J. M. (2016). Apuntes al catálogo sistemático de la Biblioteca del Colegio de Misiones de Popayán, siglos XV-XVIII. Universidad del Cauca, Popayán. ISBN 978-9587322378
Categoría:Nados en Popayán Categoría:Nados en 1710 Categoría:Finados en 1788 Categoría:Personalidades da empresa Categoría:Filántropos de Colombia Categoría:Políticos de Colombia