Iszka utazása é un filme húngaro de 2007 dirixido e escrito por Csaba Bollók. Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 81ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O filme é o resultado do encontro accidental do director Bollók cunha nena da rúa de 14 anos, Maria Varga, que vive nunha cidade mineira de carbón dos Cárpatos meridionais. A historia segue a súa viaxe dende a súa pequena cidade ata o mar Negro, onde se converte nunha vítima do tráfico de persoas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes en lingua romanesa Categoría:Filmes de Hungría