Félix Rodríguez Vieites, nado en Deixebre (Oroso) en 1936 e finado o 17 de xuño de 2024, foi un perito e político galego.

Traxectoria Perito de profesión, presentouse como candidato a alcalde nas primeiras eleccións municipais logo do franquismo, en Oroso, o seu concello, encabezando a candidatura da UCD. Logo do esfarelamento do partido centrista, Rodríguez Vieites continuou como alcalde baixo as siglas de Coalición Galega logo das eleccións de 1983, revalidando 5 concelleiros, e da Coalición Progresista Galega nas municipais de 1987. En 1989, unha moción de censura de PSdeG e CDS apeouno da alcaldía á metade do mandato para facer alcalde o centrista Eugenio Neira.

Vida persoal Casou e tivo dous fillos. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Oroso

Categoría:Alcaldes de Oroso Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Nados en Oroso Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes