Macskafogó é un filme húngaro de 1986 dirixido por Béla Ternovszky e escrito por József Nepp. Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 59ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Logo da súa estrea converteuse nun filme de culto.
Sinopse O filme é unha parodia de varias longametraxes famosas, principalmente a serie James Bond. Conta a historia dun axente especial que é enviado á cidade de "Pokyo" para obter os plans secretos dunha máquina que podería salvar a sociedade dos ratos. Por suposto, os gatos non queren que isto suceda, e envían algúns gángsteres de ratas para deter a un axente especial, aínda que non sempre resultan tan eficaces como parecen inicialmente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 59ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste