Örökbefogadás é un filme húngaro de 1975 dirixido por Márta Mészáros. Estreouse na 25ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o Oso de Ouro. Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 48ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Conta a historia de Kata, unha traballadora de 42 anos que vive soa preto dun centro de atención residencial para nenos abandonados. Ten unha relación cun home casado, co que lle gustaría ter un fillo. Porén, o home rexeita a súa oferta e Kata interésase por Anna, unha rapaza que traballa na casa residencial dos nenos. Ela axuda a Anna a casar co seu mozo, e decide adoptar un bebé do orfanato.
Personaxes
Katalin Berek como Csentesné – Kata (acreditada como Berek Kati) Gyöngyvér Vigh como Bálint Anna Péter Fried como Sanyi László Szabó como Jóska István Szőke Flóra Kádár como Erzsi, muller de Jóska Janos Boross como Anna apja Erzsi Varga como Anna anyja István Kaszás como Intézetigazgató Anikó Kiss Zsófi Mészáros Judit Felvidéki Irén Rácz Erika Jozsi András Szigeti
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 48ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 1975 Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes dirixidos por Márta Mészáros Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro